Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Marta Blanco Rubio, de Lugo e Don Benito (Badajoz)

viernes, 28 de abril de 2017
Velaquí unha pequena historia, que ten relación con Lugo e os lucenses, dun xeito espiritual, entrañable, humano.

Houbo unha lucense, Marta Blanco Rubio, que viviu en Lugo moitos anos, e en 1985 foi vivir a Don Benito, en Badajoz. No 1995, entrou a formar parte da Agrupacion Coral Don Benito, pola súa querencia pola música, e foi compoñente desta agrupación ata a súa morte o pasado 15 de decembro.

Marta tíñalles falado tanto aos seus compañeiros da Coral da cidade de Lugo, que os componentes desta Agrupación quixeron vir cantar a Lugo en homenaxe á compañeira desaparecida, e para traer á nosa cidade unha mensaxe de amizade musical e de relación humana da que Marta fixo gala durante toda a súa vida.

Marta era filla da Carlos Blanco Martinez de Velasco, que foi fundador do Rocho Musical que durante moitos anos funcionou no Círculo das Artes, así como tamén promotor da Filarmónica Lucense. Xa de pequena, actuou en Lugo co Rocho musical. E logo foi durante vinteun anos embaixadora lucense en Don Benito, formando parte da súa Agrupación Coral. Morreu aos 77 anos; e 25 días despois morreu o seu home, o lucense José Miguel Plantón Meilán, que tamén formaba parte do Rocho musical.

Para esta bomenaxe na nosa cidade, o Coro de Don Benito puxose en contacto co Orfeón Lucense, para que o acompañase como anfitrión nunha actuación que o conxunto lucense lle está organizando para este sábado, ás 8,30 do serán, na igrexa de A Nova. A esta homenaxe musical acudirán familiares de Marta Blanco, que viven en Lugo e na Coruña, e poden facelo tamén todos os lucenses que o desexen. E para rematar a súa estadía en Lugo, a Agrupación Coral de Don Benito, o domingo, cantará a misa da unha da tarde na Catedral lucense.

Esta é a historia: Desde don Benito en Badajoz, a sua coral, ven a Lugo, esta fin de semana, para –en homenaxe póstuma- cantar na honra de Marta Blanco Rubio que, ademáis de compañeira, fíxose amiga, e contaxiolles o seu amor, a súa devoción, pola súa cidade de Lugo, e queren transmitirnos aos lucenses a mensaxe fraterna, musical e humana que a nosa veciña lles deixou.

(Xulio Xiz é Presidente do Orfeón Lucense)
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania