Moito temos que aprender
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 27 de abril de 2017
Que a vida é unha auténtica escola de aprendizaxe, sabémolo todos.
Tódolos días estamos aprendendo.
E cando aprendemos unha cousa nova que nos impacta, ata nos felicitamos dicindo:
¡Anda!
¡No te acostarás sin saber una cosita más!
Con todo e con eso, se tiveramos que facer unha confesión; o noso maior pecado seguramente sería o pouco que sabemos; é dicir, o moito que ignoramos.
Ou dito doutra maneira:
O moito que temos que aprender de todo e de todos.
Non é precisamente que teñamos que aprender máis ortografía, máis matemáticas ou máis idiomas, etc, etc
aínda que eso tamén e canto máis mellor.
Temos moito que aprender para xestionar adecuadamente a nosa propia vida.
E non me refiro soamente a nivel económico ou cultural ou social
Temos moito que aprender a tódolos niveis: físico, psíquico, persoal, social, cultural, emocional e sobre todo- espiritual
Concretamente:
-Saber alimentarnos adecuadamente é unha asignatura pendiente para moitas persoas neste momento da historia que nos toca vivir.
Non resulta nada doado porque por unha banda a sociedade de consumo; métenos as cousas polos ollos.
E por outra: unha alimentación natural hoxe en día é algo pouco menos que imposible.
-O nivel de vida multifuncional que todos levamos dentro e fóra do fogar, tampouco favorecen unha vida sosegada a nivel psíquico.
-A revolución política e social da actualidade, tampouco deixa ver con claridade o camiño que máis nos convén.
Se ben é certo que gozamos de máis medios que nunca; tamén é ben certo que o labirinto da vida é máis complicado que nunca.
-A crise de valores leva consigo consecuencias moi desafortunadas.
A vida espiritual témola moi abandoada.
Poderíamos preguntarnos:
¿Quen complica o labirinto da vida?
¿Onde está o complicador?
O descomplicador que a descomplique, bo descomplicador será, como dicía un trabalinguas da miña infancia.
Pero se nos paramos a pensar un pouco:
Complicámolo nós mesmos.
Gústanos botarlle a culpa ós outros, principalmente ós gobernantes, pero todos temos algo que ver en maior ou menor medida:
-O noso ego non nos deixa ver con claridade.
-O noso ego está cargado máis ou menos de envexa
-O noso ego está envolto nunha capa máis ou menos visible de soberbia e lévanos a facer cousas que nunca deberíamos facer; pero facémolo moitas veces.
¡Canto manda en nós o noso ego!
E
¡Qué mal habituado o temos!
E o que é peor:
¡QUE POUCO TEMPO DEDICAMOS A EDUCALO!
Se nos decatáramos que o noso ego poder ser o maior inimigo, seguramente lle dedicaríamos máis tempo.
Pero co ritmo de vida que levamos, dedicar tempo a educar o noso ego, pasa desapercibido en moitas ocasións.
O noso ego ten moitos caprichos.
O noso ego ten moitas rarezas.
O noso ego é moi dado a pasar por alto todo aquelo que esixa sacrificio, esforzo, privación
en ver no noso ollo a viga que levamos dentro.
Concluíndo:
Quédanos moito por aprender; pero Roma non se fixo nun día.
Cada persoa ten o seu proceso vital.
Cada persoa ten dereito a seguir o ritmo que lle marca a súa propia cabeza; aínda que este sexa erróneo.
Xa din alí que cada un ten que desenganarse na súa propia cabeza.
Por eso a evolución humana vai tan lenta como vai.
A veces damos un paso para adiante; pero outras imos para atrás.
A min encántanme a persoas que avanzan.
¿A vostede, non?
Supoño que si.
PERSOAS QUE AVANZAN
Este será o título do seguinte artigo.
Polo que a min toca, neste intre, párome a pensar:
No moito que me queda por aprender e como podo aproveitar os recursos dos que dispoño e as persoas estupendas que me poden axudar.
Graciñas por estar aí.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora