Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Con el chegou a música: Lembrando a Arcadio

martes, 25 de abril de 2017
O vindeiro xoves, 27de abril, cúmprese un ano do pasamento dunha persoa que en Foz residíu mais de 20 anos e aquí deixou o ronsel que, mais alá do magnífico labor desenvolvido como director da escola de música e a creación da banda; as condicións da súa personalidade; o talante, sempre correcto e respetuoso; colaborador para canta iniciativa era requerido, e outras propias.

Tal xeito de estar en sociedade fixo que gran parte dela profesara a Arcadio Mon admiración e fondo afecto, e mesmo gratitude; o seu óbito, sorpresivo, deixou un hálito de dor e tristura na xente focega, sentimento que en boa medida perdurará por muito tempo.

Foi no ano 1992, cando a Corporación Municipal, da que era alcalde Manolo Neira, “Polaco”, e concelleiro de Cultura Xosé Paleo, tomou o feliz acordo de dotar ó concello dunha Escola de Música, pensando sobremaneira nas xeracións vindeiras que non dispuñan dos medios para o coñecemento e a aprendizaxe da disciplina transcendente para a formación do individuo, como é a musical.

A música é intemporal e polo tanto non ten principio nen fin; o que pode datarse é cando na persoa ou na colectividade se dan as circunstancias que posibilitan o achegamento a ela para coñecela, estudala e disfrutala. Nese senso, Arcadio Mon personifica a nova era para esta faceta en Foz, pois non había precedentes: daí o título do noso comentario. Creada a Escola, de contado ponse en marcha o organigrama para o que era fundamental: dar coa persoa idónea para levar sobre os seus ombreiros a maior responsabilidade: a dirección da mesma.

Realizada a preceptiva oposición gaña a praza Arcadio,persoa coñecida, músico avezado, de prestixo personal e profesional. Finou sendo director da Escola de Música de Foz. A morte, fixo que o vecindario espertase abraiado pola triste nova. Sempre disposto ó diálogo, tolerante e acolledor, Arcadio era querido e valorado por todos: a súa calidade humana sobrepasaba os recoñecidos méritos profesionais e a entusiasta dedicación á súa función didáctica, sempre presidida por unha permanente xenerosidade. Nos anos da súa estadía entre nós,o cronista mantivo con él, unha relación moi próxima, fraternal.

Hoxe, coa lembranza da triste data, rendimos novo homenaxe a Arcadio Mon e para eso recurrimos ó caótico arquivo para referir unha de tantas actuacións que foron exitosas na súa extensa carreira profesional.

O día 29 de marzo de 2009 celebrouse na Casa da Cultura de Foz o anunciado concerto no que Arcadio Mon presentaba unha ducia de cancións, parte da súa producción dos últimos tres anos. O acto, como era de esperar, resultou un éxito, dado o prestixo de Arcadio, as simpatías con que contaba e a excepcional calidade dos instrumentistas que o acompañaban.

Arcadio foi quen de captar as vivencias e as emocións que se agochan no mais recóndito daquel paraxe bucólico e trasladalas ao pentagrama para, en belidas cadencias, ofrecelas na Alborada do Masma para deleite da audiencia.Coas letras, o cantautor labrou un brillante colar.

(Suso Fernández é Cronista oficial de Foz).
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES