
Andrea Araújo Alonso, da Guarda, e residente en Tomiño é a gañadora do Primeiro Certame de Micropoesía da Chaira coa 'VILARIÑA' "Teño un pintor".
Andrea estuda artes escénicas na escola superior de Vigo.
O segundo clasificado foi o xornalista Pedro Rielo Lamela, de Pontevedra, coa 'VILARIÑA' "Gran carballo".
En terceiro lugar, o profesor Toño Núñez Álvarez, de Navia de Suarna residente en Lugo, coa 'VILARIÑA' "Abrín os ollos".
As 150 'VILARIÑAS', de grande nível, recibidrecibseránas de distintos lugares da xeografía galega, serán publicadas nos vindeiros días en www.culturaliagz.com
Para a entrega de premios organizaremos un acto poético público.
Tanto pola participación como pola calidade dos poemas, consideramos un éxito esta primeira edición das 'VILARIÑAS' cuxo nome, en homenaxe ao poeta dos Vilares, e en concreto do lugar do Vilariño, conta xa con outra proposta poética orixinal e aberta á participación de quen o desexe pola súa sinxeleza.
A dificultade da escolla dos premiados é a demostración da alta calidade das
apresentadas a este certame creado pola NPG Nova Poesía Guitirica e a Asociación Sociocultural Lareira de soños dos Vilares.
