Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A demonización do Promotor

viernes, 27 de abril de 2007
Parece como se neste momento, en Galicia, os Promotores de vivendas, constructores en xeral, e relacionados co sector estivesen todos baixo sospeita e tivesen a culpa de tódolos males que afectan á política, ó medio ambiente, á invasión do cemento. Pois non podemos deixarnos levar por esa interesada corrente de opinión.

A figura do constructor, como a do promotor, é totalmente necesaria nun país que camiña a pasos axigantados cara á vida nas cidades abandoando o rural, ou cara ó rural imitando o estilo das cidades.

Case todos os constructores ou promotores que coñecemos naceron á profesión nos anos setenta, con modestas iniciativas que foron absorbidas con rapidez por un mercado ávido de urbanismo.

O constructor procedente do rural, o albanel con afán de progresar, o arriscado emprendedor, transformáronse en grandes empresarios que souberon seguir as directrices do mercado, e marcar esas directrices.

Touriño ven de dicir que non quere alcaldes constructores, como se non quere alcaldes funcionarios, cregos ou xastres. O problema non está no oficio senón no xeito de exercelo. E se algún alcalde hai promotor, que se someta ás normas, que non decida sobre temas que lle afecten e que o secretario do concello – que vela pola legalidade- supervise calquera operación no que teña intereses.

Só cómpre que funcionen os controis democráticos, que o alcalde teña sentido, e que se respecte a Lei. Un constructor ou promotor pode ser tan bo alcalde coma un avogado, un taxista ou un profesor de universidade.

Nin anxos nin demos. Os promotores ou constructores son como calquera outros profesionais. E poden ser alcaldes. E poden ser bos alcaldes.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania