Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Esquecendo as miserias corruptas

lunes, 24 de abril de 2017
Esquecendo as miserias corruptas Xa sei que non se fala doutra cousa que non sexan as detencións dunha morea de pepeiros madrileños (de quen?) ou das bágoas de crocodilo de Esperanza Aguirre (por certo, a eses reptís nunca os oín, pero sei seguro que choran moito mellor, moito máis convincentes), digo que non se falará doutra cousa, pero eu hoxe só teño a cabeza no Celtiña.

Tanto Madrid, tanto Barcelona, nin que nabo de Lugo! Xa está ben! No noso país hai outros equipiños que, si, fan un xogo moito máis bonito cós grandes, pero fáltalles o aquel, é dicir, o euro para poder fichar unha ou dúas estreliñas que, hai que recoñecer, adoitan marcar a diferenza. Non obstante, sen estreliñas nin andrómenas, o noso Celta aí está, percorrendo Europa cun fútbol máis que bonito.

Desde os tempos daquel Súper Dépor, os galeguiños, futbolisticamente falando, andabamos de canga baixa polos campos extranxeiros, ou sexa, non andabamos. Mais aquí está xa este Celta que, por uns momentos, é capaz de facernos esquecer as miserias corruptas que estamos a vivir. Aínda que o de miserias é un dicir, pois sigo repetindo que temos a corrupción tan metida nos fígados que xa a asumimos como compañeira diaria, algo así pois coma o propio fútbol, que te metes nun bar e falas do partido tal ou do equipo cal.

Agora falamos do Canal Isabel II e dos políticos corrompidos entre xogada e xogada futbolística, ou sexa, coma se fora unha xogada máis: mira que ben regatean á xustiza!; a falta que Esperanza Aguirre lle fai a Francisco Correa é clamorosa (coma se non o coñecera); aí vai!, que golazo acaba de marcar o PP!

E o público, todo o estadio posto en pé para aclamar o gol! Coma no fútbol: defendendo ó equipo aínda que faga un partido noxento.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES