Exercicios de aritmética
Andrade, Fernando - jueves, 26 de abril de 2007
A democracia é un sistema pésimo pero insuperable
(Churchill?)
A RESTA
Como a ingravidez, a nosa cobizada liberdade non existe -nin a vida nin nada que mereza a pena existiría nun universo sen leis-.
Ó que chamamos liberdade é só unha súa asíntota
Por outra parte, termos como maioría, democracia e liberdade non son moi intercambiables.
En rigor, nin sequera iso da maioría funciona ben:
As listas pechadas votan pero non elixen,
as disciplinas de partido impóñense,
coma no fútbol, nas rixas tomamos partido pero sen xogar
as veces, os máis votados gañan pero non gobernan
coma na teoría dos cuantos, os recontos aproximados non son distintos.
Dende outro punto de vista, nin Newton nin Fleming foron nunca votados, nin todo o mundo sabe a hora que é. A maior parte do progreso non se debe pois ó pobo (dêmos) senón ós mellores (aristos). Nin o progreso é democracia, nin a aristocracia é tal.
O século non nos trouxo Rouseaus nin Hegels novos como nos tiña prometido.
Igual que a saúde, o progreso debería considerar máis as súas expectativas cós seus logros.
Pero a nosa maioría -que é a súa propia avoa- semella xa demasiado vetusta para tales trotes. Outras farano por ela.
As nacións, como as familias -e ó revés do Estado-, son comunidades case biolóxicas non forzosamente entrañables pero nosas. Con todo, pode que algúns dos grandes intereses do home comecen xa a asfixiarse nelas.
Estado e Igrexa, inseparablemente independentes, xeneran obrigas contraditorias. Só os semáforos poderían resolvelas.
Derradeiramente: unha verdadeira independencia persoal está resultando xa imposible; como por exemplo, esta.

Andrade, Fernando
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora