Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Volem acollir

miércoles, 26 de abril de 2017
A semana pasada atopei en Youtube un gran concerto pola acollida de refuxiados en Barcelona. Foi un acto longo e cheo de contido, un acto intercultural, humanista e solidario que parte dunha ONG disposta a loitar por aqueles que perderon todo para salvar a propia vida. Trátase de non esquecelos, de non ocultalos baixo a difusión do medo que infunde DAESH. Trátase de dicir humanidade e practicar co dito. É unha inmoralidade non apoiar a quen fuxe do terror. Máis de inmoralidade é ampararse no terrorismo para xustificar a falla de apoio.

No concerto, que colle como lema un verso de JaumeSisa, “casa vostra, casa nostra”, voces diversas claman pola diversidade humana e, sobre todo, pola convivencia solidaria entre persoas e pobos. Voces como a de Manolo García, Sisa, Marina Rossell, Lluís Llach, Joan Manuel Serrat, Paco Ibáñez entre outros... poñen voz e emoción á denuncia contra a inxustiza e a favor de un mundo no que collan todas as persoas en liberdade.

Sempre admirei a quen se pon diante dun público cunha guitarra e un feixe de poemas propios ou alleos. Sempre souben que como Blas de Otero quédanos a palabra, esa palabra tantas veces ferida e humillada pero sempre ergueita porque garda nela a verdade fronte a verborrea que se multiplica a xeito de peste nos grandes medios.

Confésome un crente da palabra e confésome sobrecollido por iniciativas como esta, que procuran achegarnos a outro mundo posible que está lonxe da utopía porque ten unha metodoloxía clara que o pode facer realidade. Ao longo do concerto soan cancións imprescindibles como “Qual se vol nit pot sortir el sol” ou “Mediterráneo” de Serrat e, como non, nestes tempos convulsos non pode faltar “A galopar” de Rafael Alberti nun marabilloso dúo conformado por Marina Rossell e Paco Ibáñez.

Este acto é unha boa nova que quizais poña en entredito moitos mitos e falsidades que se din sobre a sociedade catalana que non foi, nin é nin será nunca parca en solidariedade. Pola contra, dános un exemplo de saber estar e de contribuír ao mundo alí onde a palabra se ten que erguer fronte á ignominia. Só queda desexar que se estenda o exemplo e xurdan novas iniciativas solidarias como a da a asociación Volem Acollir que, sen dúbida, está traballando pola xustiza social nun mundo que camiña cara ao individualismo máis atroz.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania