Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Candidaturas, candidatos, candidez.

miércoles, 25 de abril de 2007
Xa está, xa rematou o prazo de presentación de candidaturas para as próximas eleccións do 27M, domingo da semana. Son todos os que están, pero seguro que non están todos os que son ou quererían ser, xa que moitos quedaron polo camiño por falla de oco nas listas habituais ou por falla de apoios para formalizar listas supostamente independientes que nalgúns casos non encaixan nin coa mellor intención.

As candidaturas, as habituais e algunhas máis. As habituais son PP, PSOE e BNG, que por aquelo do poder xa conseguen estar na práctica totalidade de Galicia, máis Terra Galega que tenta atopar un oco para convertirse co paso do tempo en forza natural, e os independientes ou flores dun día que completan o abano.

Os candidatos, ahí están, xentes veteranas da política, xentes novas na política, xentes que xuraron non entrar en política, xentes que non saben ben como os convenceron para entrar en política. Cada quen coas súas aspiracións, pero tamén coa previsión de resultados que só un terremoto faría cambiar de forma sustancial.

A candidez queda para os que acceden por primeira vez á política, procedentes da empresa, do deporte ou da farándula. Que van á política como a unha festa, e que non saben que o que alí lles agarda -se consiguen entrar- é un camiño de espiñas.

A sorte está botada. Xa están os números da lotería no inmenso bombo que se axitará o vintesete de maio para que os froitos maduros caian ó chan e os verdes agarden por tempos mellores.

Que a Democracia reparta sorte. Que boa falla nos fai.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES