Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

10ª Feira da Verza Rizada en Labrada (22 de Abril)

jueves, 20 de abril de 2017
Ben entendido: da verza rizada e do lacón cocido, que así se chama esta manifestación que se celebra cada ano na parroquia saudable do saudable concello de Guitiriz, na provincia de 10ª Feira da Verza Rizada en Labrada (22 de Abril)Lugo. Esto sera no mes de abril, o día 22.

Un sabe que Labrada é unha grandeza parroquial de Guitiriz, da comarca da Terra Chá lucense.

A parroquia compónse de 44... lugares, se é que non me queda ningún fóra da memoria. Mentras tanto, dígolles: estes días de verán, Guitiriz e Labrada son puntos de referencia para ires de vagar, para mergullarse na historia e no sorprendente. Non hai perda para chegar a Labrada: desde Lugo, auto-estrada Madrid-Coruña, dirección A Coruña, saída a Parga, ir ao Mesón da Cabra e seguir a estrada de Momán; ao pasar Merendero, estrada local á esquerda que leva a Labrada directamente. Será unha viaxe para non esquecer.
En canto á verza rizada, señoras e señores, haina, no seu tempo, da mellor, da máis saborosa e particular de toda Galicia.

Mentras pensan e deciden, eu quédome repetindo unha e outra vez, os nomes ou luagres das súas aldeas: Ameixeiras, As Penas, As Toxeiras, Barallobre (ou Bañobre, que non o teño claro), O Castro, Os Xiros, Paderna, Gandarela, Pumariño, Prado Vello, A Torre, Estremil de Abaixo, Estremil de Arriba, Olmos, Granxa Vella, San Cristovo, Toxiño, Galiñeiro, Sinde, Balsa, San Mateo, Xunto á Igrexa, Tarañeira, Rodeiro, Xove Novo, Xove Vello, Vigo, O Cal, O Carballo, Os Castelos, Vacoira, Bernaldo, Carballiños, Gatelle, Cece, Puza, Muxín, Margá, O Codeso, Pumariño, Regueiro... E seguramente algunha aldea máis que me queda sen reseñar. Pecado de esquecemento, que pido seña disculpado.

Se isto valera para que os veciños de Labrada, todos, tomaran conciencia do grande valor da súa parroquia, do grandísmo interese que espertan a súa historia, os seus productos e as súas manifestacións culturais e festeiras.
Rodriguez Patiño, Luis Ángel
Rodriguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES