Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Orozco e Joaquín

martes, 24 de abril de 2007
Orozco e Joaqun Dinme que van actuar xuntos en Lugo, e eu estoume preparando.

Orozco é a voz rexa, triunfante, resoante no exterior.
A súa palabra vive, e pode vivir da palabra. Joaquín é a tradición, a colleita, a sinxeleza, o concepto claro e desnudo.

¿Xuntos?. A verdade é que os seus públicos son tan
diferentes que non sei que van facer no mesmo estrado, que non sei que imos facer os lucenses no seu recital. E de teloneiro, ¿Coti?.

Manolo Escobar hai ben anos fixo caer as portas do recinto do Seminario. Julio Iglesias fixo tremar centos de corazóns ateigados de amores lánguidos.

Orozco desperta amores espontáneos, lixeiros, evanescentes. Joaquín orixina sentimentos repousados, admirativos, reflexivos.

¿E cando será?. Eu coido que deixarán pasar as eleccións. Quizáis no San Froilán, no que cabe todo.

De tódolos xeitos, eu non acabo de ver xuntos nun escenario a Antonio Orozco e a Joaquín Díaz, como oín que din que van causar sensación en Lugo. Imposible que eu escoitara ben. Ten que ser outra cousa.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES