Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non queda outra que emigrar

lunes, 17 de abril de 2017
Case se pode dicir que non tardou nin un suspiro. En deixala caer. A bomba. Donald Trump lanzou en Afganistán a bomba non nuclear máis potente do mundo. Non nuclear. Pero bomba. Que estoura. Que rebenta. Que esboura. Que escachifa. Que desfai. Non obstante, aquí paz e despois gloria, ou sexa, morra o conto. Para que dicir nada. Se son islamistas, musulmáns, mongoloides, outra raza. Que non é a nosa. Que non son persoas, que son coma animais. Ós animais xa se sabe que se lles dá paus a esgalla, a darlle cun sacho. Rosmades por un misil de nada... tomade artefacto! E tampouco unha bomba calquera; a máis potente. Para que non haxa enganos. O dito: aquí paz e despois gloria.

Ante este panorama non me queda outra que emigrar. E vaia se vou emigrar! Agora xa teño onde vivir. Está lonxe, pero é igual; hai moito tempo xa que me sinto astronauta. Resulta que Encelado, unha lúa do planeta Xúpiter, seica reúne os ingredientes necesarios para a vida. Rapidiño e correndo: marcho porque teño que marchar. É que xa me vexo noutra dimensión. Alá, no espazo sideral, onde reina o silencio (espero) e onde non haberá guerras (a non ser que xa haxa humanos). Que gozada verme alá! Aínda que este Donald Trump, non sei, non sei; se sabe que me vou para alá, seguro que apunta un foguete espacial para dicirme que onde hai patrón non manda mariñeiro. E o que vaia no foguete será para collerlle medo. Trump non se anda con bagatelas, con prosmadas. Se hai que lanzala, lánzase.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania