Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A voltas co idioma

martes, 24 de abril de 2007
¡Que fermosa loita polo idioma a que se levou a cabo no comezo dos anos sesenta, que o introduciu na Universidade, e conseguiu que unha lingua “proletaria do meu pobo” deixase de ser patrimonio exclusivo de labregos e mariñeiros e se instalase como lingua culta e progresista de Galicia!.

Daquela loitábase a prol da lingua e en contra de algo total, intanxible, como era o progreso, a dignidade, a memoria, a historia, o papel de Galicia. Velaí o resultado.

Pasaron os anos. E de cando en cando aparecen estudios que nos din que o idioma sofre, que mingua, que baixa, que non ten a garra que antes tiña porque agora non se loita senón que se disfruta, que agora se aprende na universidade e nas escolas, non é vergoña falalo, e polo tanto perde parte do seu papel.

Un profesor mugardés – Gabriel Rei-Doval- ven de publicar un estudio no que conclúe que os pais e nais non falan galego ós seus fillos co que se perde a transmisión interxeneracional. Que se coñece moi ben o idioma pero se fala menos. Que se escribe perfectamente, pero non se manexa na fala cotián. Especialmente na Galicia urbana.

Que se fale do idioma está ben, pero está mellor que se fale o idioma. Seguro que o profesor Rei-Doval ten razón no seu estudio, que se ben o galego está de moita mellor saúde que outras linguas do espazo europeo, merece aínda mellor sorte agora que ten tódolos apoios. Que se en Santiago, Ourense e Lugo é a primeira lingua, aínda ten que conquistar especialmente Vigo, Ferrol e A Coruña onde –influencias de fóra- segue a ser idioma minoritario.

Falemos galego e falemos do galego. É bo sinal. Segue a ser o idioma da cultura e, cada vez máis, do ensino. Deámoslle tódalas voltas que queiramos, que eso quererá dicir que o idioma que nós falamos goza de boa saúde, porque preocupa.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES