Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A forza dos votos

lunes, 23 de abril de 2007
En canto a etapa de Franco rematou naquel final de 1975, marchamos todos e a clase dirixente a primeira, pola senda constitucional, aínda que en principio non sabíamos cal era.

A Constitución veu despois, e con ela a forza do voto, porque empezamos a gobernarnos sumando as opinións que todos nós iamos formulando coa periodicidade axeitada.

O voto é a expresión pura e simple da nosa opinión colectiva, e a suma dos votos decide que forza vai ser maioritaria, quen vai gobernar, en que dirección.

Votamos os maiores de idade, situada esta agora ós 18 anos, residentes en Galicia ou no exterior, e os votos iguais en valor son maís ou menos valorados según as necesidades de cada colectividade.

De repente, tódalas forzas políticas comezaron a valorar o voto do exterior, e alá se van conquistar a opinión dos galegos de segunda ou terceira xeración que seguen a poder opinar sobre o que pasa en Galicia, e nalgúns casos poden ser decisivos nunha votación.

Agora algúns cargos do Psoe – con disgusto de Touriño – propoñen que os emigrantes voten nas eleccións xerais pero non nas municipais, con intereses moito máis determinados, locais, para evitar que persoas que nunca estiveron en Galicia decidan sobre a gobernación dos concellos.

Plantéase agora a disxuntiva de optar polo respecto ós dereitos dos votantes ou pola racionalidade na atribución deses dereitos segundo a relación das persoas co territorio ó que se lle vencella.

Son demasiados valiosos os votos, especialmente os lonxanos. Nestas eleccións, serán válidos. Nas próximas, xa veremos. Todo sexa pola democracia, entendida cada quen de acordo coas súas particulares ideas.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania