Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Festas e molestias

martes, 11 de abril de 2017
En Lugo, os habitantes dunhas determinadas zonas andan alborotados polas repercusións que as actividades festeiras teñen nas súas zonas de residencia, pretendendo algúns deles que estas festas se retiren a zonas máis lonxanas para evitar molestias.

Ven de celebrarse a Festa da Carballeira de Fingoi, onde os universitarios da capital dan renda solta aos seus desenfrenos festeiros, entendidos en canto a música, bebida, horarios… que o resto corre a conta de cada quen, que para eso atoparon un lugar natural afortunado –a única carballeira que queda na zona- invadíndoa ao máis puro estilo dos celtas que tiñan no carballo a árbore sagrada e como recinto sagro ás carballeiras.

Pero o que máis rebumbio produce é o San Froilán, que ten por marco os arredores do parque Rosalía de Castro, zona residencial de nivel máis ca medio, que cada ano fan pública a sua protesta polas repercusions festeiras.

En tempos, en Lugo as festas facíanse na praza de Santo Domingo, Praza Maior, Angel Fernández Gómez e Campo Castelo… Logo no Campo da Feira, ata que en 1982 lles deu aos organizadores por montar as barracas na Ronda dos Deportes, e foi un fiasco tremendo. Desde entón, pasaron ás rúas inmediatas ao Parque, e todos contentos, menos os residentes.

Limitáronse os días das barracas, porque cando falamos de festas falamos de barracas; limitáronse os niveis de sonido… pero nin así. Aos residentes privilexiados –refírome só á situación xeográfica- sempre lles parece mal o rebumbio que ali se forma.

É un tema que non preocupa demasiado no urbano, e menos no rural onde, normalmente, as festas son arredor da igrexa, no mesmo centro. A miña experiencia máis directa son os Milagros de Saavedra, onde cada vez que hai festa colápsase a circulación, non poido utilizar o portalón de entrada, e soa a música a nivel máis ca competente ata as cinco da mañán… e coido que todos os veciños asumimos as circunstancias, e máis ca sufrir disfrutamos do rebumbio festeiro e das súas consecuencias durante uns días sabendo que o resto do ano teremos unha paz inmensa que só se pode valorar por contraste.

Se xa o dí o dito popular: é mellor ter a festa en paz.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES