Que podemos facer?
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 13 de abril de 2017
Que o mundo está cheo de inxustizas; eu seino e vostede, me parece que tamén.
¿Ou non?
Que a miúdo nos queixamos ante as inxustizas, tamén é certo.
¿Quen non o fixo alguna vez?
E nós mesmos
¿Nunca cometemos ningunha inxustiza?
Se no mundo hai moita inxustiza, será porque a creamos nós mesmos.
¿Ou será cousa dos marcianos?
Unhas persoas son moito máis inxustas que outras, pero todas somos algo según a ocasión. ¿Certo?
Aínda os pais cometen inxustizas cos fillos e viceversa.
En fin
-No mundo a nivel mundial, hai moitas guerras, moitas calamidades, moitas persoas que pasan fame, moitos nenos mal nutridos, moitas miserias
¿QUÉ PODEMOS FACER?
¿Queixarnos?
¿Protestar?
¿Manifestarnos polas rúas e prazas das vilas e cidades?
¿Consolarnos mutuamente?
¿Patalear porque non nos gusta o noso xeito?
¿Etc, etc..?
-Persoas que se queixan non medios de comunicación, hai moitas.
Algunhas ata piden a excomunión de certos católicos corruptos.
Criticar é moi doado.
-Outras protestan pola vía pública destruíndo ou queimando mobiliario público.
-Outras protestan facendo grafitis
-Outras acoden a manifestacións multitudinarias.
-Outras réndense dicindo que sempre foi e seguirá sendo así.
-Outras consólanse, dicindo que hai que ter paciencia.
-Outras
PERO
¿AMÁÑANSE OS PROBLEMAS CON ESTE TIPO DE ACTUACIÓNS?
¿Cómo é que segue habendo inxustizas, violencia, maltrato..?
¿QUE FALLA, ENTONCES?
Eu penso que os fallos serán múltiples, pero tamén me parece que o que fai falta é:
TOMAR CONCIENCIA DA GRAVIDADE DOS PROBLEMAS E CORREXIRSE CADAQUÉN A SI MESMO
CADA PERSOA ACTÚA SEGÚN O SEU CORAZÓN LLE DICTA:
A MIN PARÉCEME QUE A RAÍZ DE TÓDOLOS MALES ESTÁ NO CORAZÓN DAS PERSOAS, DENTRO DE NÓS MESMOS.
¿Qué pasaría
?
-Se nos tomáramos en serio a nosa vida interior?
-Se fóramos honestos con nós mesmos?
-Se nos tomáramos en serio a nosa dimensión espiritual?
-Se comprendéramos que se nos regala a vida con data de caducidade?
-Se aceptáramos que para ser feliz non fai falta ter moito poder, nin moitos cartos, nin moitos bens materiais?
Hai quen di que é imposible ser feliz vendo tanta inxustiza ó noso carón.
EU PENSO QUE EN BOA MEDIDA, A FELICIDADE DEPENDE DA RIQUEZA INTERIOR DE CADA PERSOA:
-Se vostede quere sorrir á vida, ninguén llo vai impedir.
-Se vostede quere ser optimista. ¿Quen llo pode privar?.
-Se vostede quere ve-lo lado positivo da vida, será cousa súa.
-Se vostede quere ver ás persoas con cariño e comprensión
¿Está no seu dereito, non?
-Se vostede quere facer ben sen mirar a quen, é problema seu.
En fin
Ninguén sabe os días que lle quedan.
O que si sabemos todos é que ninguén vai saír vivo desta vida.
Entonces
¿PARA QUE TANTA COMPLICACIÓN?
Este será o título do seguinte artigo.
Espero que alguna das persoas que van a ler esto, compartan comigo algún dos meus pensamentos; entonces xa me dou por satisfeita.
Se non fora así, mala sorte. Estarei engañada.
En calquera caso: moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora