Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Demasiadas facilidades

viernes, 20 de abril de 2007
Cada Ministro, un Plan de estudios. Cada goberno, unha toma de decisión case sempre conflictiva.

Carreiras que se rematan sen rematarse, cursos nos que se pode ascender sen completar os anteriores... O signo dos tempos parece ser o da rebaixa, o de dar facilidades, o de facer a vida máis doada a quen ten que aprender que non todo é de cor rosa nin os triunfos na vida van ser agasallos que lle fai a sociedade.

Os rapaces que cursen o Bacharelato, se a proposta do Ministerio de Educación se confirma, poderán pasar dun curso ó seguinte aínda que suspendan a metade das asignaturas do curso de partida.

Para os centros orixínase un bo problema para compatibilizar horarios de xeito que os alumnos poidan cursar as asignaturas do curso ó que accederon á vez que asisten ás clases das que aínda non superaron do curso anterior.

O alumno queda máis responsabilizado que ata agora onde todo era máis regulamentado, máis compartimentado, e o acceso ó seguinte nivel máis fixo e programado.

Os bos estudiantes non terán problemas, pois non vai con eles. Os non tan bos terán máis facilidades, pero quizais non son facilidades o que lles fai falla.

Nin tanto (as rixideces de antano) nin tan pouco (as facilidades de agora). ¡Que difícil atopar o punto xusto!. E sen embargo, as autoridades teñen que procuralo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania