Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os feitos danme a razón

lunes, 10 de abril de 2017
Ai logo!; ás veces poida que sexa un pamemiño, pero pouco a pouco os feitos empezan a darme a razón.

Hai moitos anos que veño dicindo aquilo de que Galicia é o cu do mundo e Ourense, o ollo do cu. E unha vez máis outro episodio está claramente aí para corroborar as miñas sentenzas: o AVE circulará desde Taboadela por un trazado provisional ata o ano 2024. Trazado provisional. Ano 2024. É dicir, o dos atrasos iso non é nada. Atraso é, por exemplo, o ano 2019. Pero o ano 2024!? Que son cinco anos máis? Nada... un lustro e punto. Que se di axiña: lustro. E xa está. Un suspiro. A verdade non sei de que me queixo; hai xente que ten o cu bonito.

Galicia é guapa e como tal ten un cu lindo. Ourense... xa non digo nada de Ourense; coas súas augas quentes, que cheiran... coma o ollo ese. E agora xa en serio: coidadiño con ese 2024. Cando sae á palestra a noticia, e por experiencia, eu aínda lle botarei ó mellor outros cinco anos máis. Temos a proba da autoestrada A52 e a da propia liña do AVE; que se remataban en tal ano ata que concluíron e rematarán unha tira de anos despois. E algún máis. O de que somos os últimos monos, iso xa hai tempo que quedou desfasado. Xa o temos tan asumido que... que vivimos coma Deus na selva.

É coma a corrupción; témola tan recoñecida que ata nos parecerá xa mal que haxa por aí algún pamemiño que non sexa corrupto. Será parviño! Pois o dos retrasos nas obras (e en todo) a Galicia, puuuffff, que máis nos dá cinco anos arriba como cinco anos abaixo. E dentro de Galicia está Ourense, que xa é outra feira, moito máis feira. Ale, a poñer o cu. Para iso.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania