Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ser un máis

miércoles, 12 de abril de 2017
Borja Dorado volve impresionarnos coa súa visión da diversidade funcional e a inclusión. Este educador social e licenciado en Comunicación Audiovisual desenvolveu desde moi novo unha conciencia crítica que o levou a loitar por un mundo inclusivo sobre todo no terreo da diversidade funcional no que ten unha ampla experiencia.

Borja dirixiu sobre todo curtas destinadas a naturalizar a diversidade e concretamente o síndrome de Down en todos os ámbitos da vida. Deste xeito centrouse tanto no terreo persoal como na proxección pública da persoa.

Sempre tratando de visualizar ilímites fronte ós límites que a sociedade utiliza como estigma. Pouco a pouco, o contexto de actuación e os destinatarios fóronse ampliando dende as familias ata a sociedade, de tal xeito que o radio de difusión foise ampliando favorecido polas vantaxes que nos ofrece internet e youtube.

Coa curta “Buenas noticias” Borja dá un paso máis alá e sitúanos nunha sociedade plenamente inclusiva sen restricións de ningún tipo. Nesta sociedade todo é posible e nada é noticia porque o cotiá deixa de ter interese informativo.

Situándonos nese contexto hipotético, nace a necesidade de ser un máis sen destacar; é dicir, de vivir unha vida anónima plena na que a diferencia non teña que soportar miradas nin compaixóns senón que simplemente viva en pé de igualdade, unha sociedade que aprenda de cada persoa asumindo como imprescindible todo o que se desenvolve no seu seo.

Moitos predicamos día a día este credo, outros como Borja resúmeno en dous minutos para que poidamos visualizalo e poñelo en práctica.
Parabéns meu querido amigo!

https://youtu.be/eF8ADUMH90Q
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES