Conchita
Xiz, Xulio - martes, 17 de abril de 2007
Dous anos despois, Conchita merece ser recordada.
Concepción Díaz López, extremeña, toda a vida en Lugo. Unha vida dedicada á familia (Casara co avogado Mourenza, dous fillos) e á Administración.
Primeiro en Educación, logo en Cultura. E por fin en Turismo onde tivo as máximas responsabilidades.
Foi unha pioneira. Era técnico superior da Administración Civil (A01 no argot técnico), cando ser Técnico era unha cousa moi seria. Compría ser avogado/a, facer en Madrid durísima oposición con centos de temas, cursos eliminatorios na Escola de Alcalá
Durante moito tempo en Lugo só dúas mulleres -Conchita e Ángela María- tiñan este nivel e autoridade persoal. Ángela María no Goberno Civil e Conchita en Cultura eran dous exemplos de que a muller podía e debía gobernar na Administración.
Os tempos chegaron, e hoxe Delegadas, Inspectoras, Xuizas, Conselleiras ou traballadoras de base son maioría na Administración.
Hai dous anos que Conchita nos deixou. Todos os que a coñecemos e traballamos con ela sabemos da súa constancia, da súa firmeza, do seu traballo escrupuloso. Foi un exemplo para todos.

Xiz, Xulio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora