Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Guitiriz en crise existencial

miércoles, 05 de abril de 2017
Guitiriz está en crise, unha crise grave e máis fonda do que poda parecer polos problemas de dúas empresas emblemáticas da localidade como son INGEMARGA e o Balneario e que se amplía no económico e no social con outras situacións que non por menos actuais son menos importantes. O concello de Guitiriz, que chegou a ter 15000 habitantes (hoxe conta con 5000) viveu tempos de esplendor cando a N-VI era unha arteria vital da comunicación e o rural aínda non iniciara o grande éxodo ás cidades. Ese declive poboacional nunca reposto, o pésimo acceso e consecuente illamento da vila coa autovía, a casi nula oferta de ocio e hostelería daqueles tempos sumiron a Guitiriz nunha longa noite que pareceu ver a luz coa apertura do Balneario, que si ben non provocou un efecto inmediato, sí contribuíu a xerar máis oferta hosteleira e de turismo. Tempos nos que a economía axudaba a promover proxectos como o parque empresarial e asentar industria na zona. Pero as perspectivas de continuidade neses brotes de alegría económica foronse esvaecendo coa crise deixando un polígono semi deserto, con un sector gandeiro maltratado polas políticas do leite e daa carne e xerando problemas nas granxas e cooperativas, e cos xa mentados desastres das empresas de Trasparga e Guitiriz. O futuro antóxase complicado. Os conatos de peche de oficinas bancarias non son máis que sintomas de posteriores medidas que ademáis de eliminar emprego van afondar na ruptura dontecido social e illamento dunha poboación cada día máis empobrecida e avellentada, con un rural máis despoboado coas dramáticas consecuencias para a paisaxe, a identidade e o património e o peor de todosoños, sen capacidade ou interés das institucións por revertir esta dramática situación.

O Concello, a pesares das limitadas capacidade para darlle a volta só ao desastre, asiste superado polos acontecementos e impotente ao "desmantelamento" paulatino dunha localidade que nin de lonxe se achega ao que foi e non se albisca no horizonte próximo un proxecto, que poña sobre a mesa como decía a canción de Siniestro Total, "quenes somos, de onde vimos e a onde imos". Na Deputación as políticas son asistenciais, carentes tamén de modelo máis aló de axudas e cooperacións económicas moi discutibles cal oficina de repartosoños aleatorio con un concepto de provincia politico-territorial illado. E na Xunta de Galicia, que aínda manten a Guitiriz sin PXOM, as medidas anunciadas para recuperar o agro, axudar ao emprendemento, e reactivar a industria chocan coa realidade dunha política agraria que pecha granxas cada ano, un monte a monocultivo de eucalipto e sen outros proveitamentos, afogando máis á xente co catastrazo e que ve aumentar o despoboamento, que ten o polígono camiño de convertirse nunha paisaxe do filme de Mad Max e coas industrias referencias do concello ao borde da ruína. A día de hoxe sen plan industrial, sen plan de turismo, sen Plan Xeral nin plan enerxético, sen un plan estratéxico municipal, as medidas serán sempre dependentes de axudas puntuais de outras administracións, cos recursos propios cada vez máis mermados e as capacidades limitadas.

Guitiriz precisa dunha fonda reflexión, analizar as súas debilidades para superalas e as súas potencialidades, que son moitas, para deseñar un futuro de prosperidade mais aló do inmediato das axendas electorais. Concellos sumidos na ruina que así o fixeron, avanzaron e fixéronse referenciais.

Outros siguen pelexando só por manterse a flote. A crise, pois, non é só de dúas importantes empresas que, senón que hai unha crise estructural grave, en parte herdada, en parte por causas alleas, pero á que a inacción e falta de modelo poden cronificar. Guitiriz ten a crise existencial do "quén somos, de onde vimos e a onde imos", como moitos outros concellos, a diferencia, sempre, está en resolver esa cuestión e encarar un camiño ben trazado hacia o futuro. Ficar a agardar e ver o que acontecete conduce a ningures.
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES