Ós pés do pai Curuto
Cabada Castro, Manuel - jueves, 30 de marzo de 2017
A Andrés, artista.
E foise a anduriña do seu niño...
Baleira ficou a casiña súa , feita de raiceiras, de vimbios e buxos domeados.
Nela só voan arestora lembranzas escuras, morcegos que pairan ou rebolen polo ar, ou quizais brancas pantasmas de galegas noites de bruar.
Fuxiu ela ou viñérona buscar?
Máquinas de ferro voadoras atordaron aquela noite os soños, eses nenos de la e eternidade.
Ela, a anduriña, non vos é ferro, amigos, e só lles ten lei ás vellas trabes amorosas, nas que tece o seu fogar de lama e plumas.
Leva ela nas ás a liberdade, paciencia tamén e agarimos. Deixádea voar!
Que alí onde ela estaba haivos xa boa lama en corredoiras e dondas plumas tamén de galiña branca para a punto o seu niño pór, que é arte só e tenra poesía.
Deixádea soñar!
Cabada Castro, Manuel
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora