Convivencia, harmonía, fraternidade...
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 30 de marzo de 2017
-Saber acomodarse a novas circunstancias é propio de persoas intelixentes.
-Saber poñerse na pel do outro, é propio de persoas moi comprensivas.
-Calzar os zapatos do outro, implica gran sensibilidade.
-Sufrir con paciencia os defectos do próximo, non é tarefa doada, pero hai quen o disimula moi ben.
- Perdoar a quen nos ofende tamén é duro, pero mellor perdoar que vingarse tomando a xustiza pola man.
O PERDÓN FORTALECE A QUEN O PRATICA.
O PERDÓN MELLORA O AUTODOMINIO DE QUEN PERDOA
O PERDÓN TEN PARA CASE TODO- SOLUCIÓN.
A PACIENCIA E O PERDÓN DEBERÍAN ACOMPAÑARNOS SEMPRE.
De feito, hai persoas que parece que os visten pola mañá e non os sacan nada máis que para dormir.
Esas persoas saben convivir.
Convivir, ten o seu prezo, pero merece moito a pena.
As persoas que saben convivir, fano con harmonía.
Teñen un carácter alegre e saben facer de tripas corazón en máis dunha
ocasión.
Por onde queira que vaian, van sementando harmonía.
Por onde queira que vaian van esparexendo alegría.
E do mesmo xeito que van sementando harmonía e alegría; tamén van creando fraternidade.
O resultade é a vida en comunidade.
Cando convivimos pacíficamente con moita harmonía; créase un campo de enerxía que produce comunidade.
Dinos a Sagrada Biblia que así viván os primeiros cristiáns e aínda hai hoxe comunidades que funcionan así de ben:
-Comunidades familiares que se apoian mutuamente.
-Comunidades veciñais que se solidarizan uns cos problemas dos outros.
-Comunidades de amigos que se unen arredor dunha causa noble.
-Comunidades de persoas que gozan xuntas
As persoas que temos a sorte de estar integradas en comunidades desta índole; non sabemos a riqueza que temos.
Cada noite antes de ir a dormir:
-Dámos grazas á vida.
-Dámos grazas ás persoas que atopamos no camiño da vida.
-Dámos grazas a infinidade de vivencias enriquecedoras que fan de nós persoas con moita paz interior.
Algo que non ten prezo.
A PAZ INTERIOR NON TEN PREZO
Este será o título do seguinte artigo.
Antes de rematar, quixera dá-las grazas a tantísimas persoas coas que deixo convivido con moita harmonía e fraternidade
-Familiares incondicionais.
-Amistades de tódalas idades e condicións.
-Persoas compañeiras de fatigas
-Persoas coñecidas.
¿E que dicir das persoas descoñecidas?
¡Cantas veces me foron de gran axuda, persoas que nunca vira anteriormente!
¡Graciñas a todas elas!
¡E por moitos anos!

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora