Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O problema dos móbiles

lunes, 16 de abril de 2007
A ninguén se lle ocorre utilizar o teléfono móbil nunha igrexa, e só ós olvidadizos pode sucederlles que soe no momento máis inoportuno. Ás portas dos tempos existen ás veces indicacións que piden apagar estes artiluxios ó entrar en lugar de culto.

O uso dos móbiles está prohibido nos avións, nos teatros e cines, nas salas de concertos… E a técnica xa dispón de artiluxios que anulan o seu sinal para que non poidan funcionar nun espacio ou nun tempo.

O problema chega agora ós colexios, cando os rapaces na súa inmensa maioría levan móbil para tranquilidade dos seus pais.

Pero o teléfono nos alumnos está pensado para localizalos fóra ou no traxecto desde ou cara os colexios. No recinto escolar, para emerxencias, deberase acudir ó persoal do colexio ou ó profesor do alumno.

Fai falla, quizais, unha norma xeral. Ou chega a decisión da dirección de cada colexio para que non se utilice o teléfono para comunicación nin para gravación ós profesores e compañeiros.

Téñense planteado problemas concretos en colexios pero imponse –diante dos que poidan aparecer– unha postura oficial concreta que impoña firmeza diante deste fenómeno social que acelera os procesos de comunicación, que incorpora ós rapaces ó mundo das novas tecnoloxías, e en lugar de vinculalos fomenta máis o illamento ó arredalos do contorno inmediato.

Os móbiles son un artiluxio perfecto e ás veces un problema. Manteñamos o uso normal, e eliminemos o problema.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania