Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á BEIRA DO CAMIÑO: "Pascua para todos e para todas"

viernes, 13 de abril de 2007
Alédame atopármonos, de novo,. Xuntos, á beira do camiño. Fannos falla moreas de encontros serios no medio dun mundo demasiado enredado en minucias e sobre todo metido no pozo/escuridade de tantas brutalidades como estamos a ollar e a padecer.
¡Oxalá haxa pascua para todos/as!.



Pascua significa paso, tránsito. Da morte á vida. Das tebras á luz, do desánimo á
esperanza, da tristura a alegría. Para os xudeus, lembranza (paso do Mar Vermello) da liberación do faraón, da escravitude. Para os cristiáns, outro
aniversario/memoria máis do meirande feito salvador da historia de humanidade.



Iso vimos de celebrar. Con máis/menos consciencia. De moitas maneiras. A diversidade fai rica a unidade. A Pascua é festa netamente cristiá, con bastantes remexidos culturais. Das luxosas procesións do Sur ás sinxelas de Castela (e mesmo Galiza), pasando polos solemnes oficios nas igrexas, todo respira arte e relixiosidade..



A pregunta xorde espontánea: O que celebramos ¿é, de verdade, pascua/vida,
liberación para todos os irmáns desta nosa crucificada sociedade actual? ¿Hai
resurrección, vida e futuro para todos? ¿Somos testemuñas e co/protagonistas do
feito ou comparsas tanto no caso de Xesús (Cristo) coma no que lles está a pasar aos milleiros de crucificados polas guerras, fames, mentiras, hipocrisías, egoísmos, silencios cómplices, abusos de poder....do noso tempo!?. ¡Hai moitos irmáns nosos, aínda chantados no Venres Santo!



¡A maioría segue sen Pascua, sen resurrección, sen esperanza! Póñanlles nome e lugar ás actuais paixóns (Iraque, Casablanca, Arxel) Cómpre "parar todas as guerras, rachar os medos, desconvocar o odio, desbotar a ira, reabrir todas as portas, rehabilitar os sonos, penalizar as présas, humanizar os credos, acabar coas
mentiras... renacer á vida" Non haberá Pascua para ninguén se non somos quen de crear esperanza, vida e futuro para todos/as, á beira de todos os nosos camiños da vida.



Hoxe, pola actualidade e porque abondan barbaridades e falsidades nos diversos
medios de comunicación acerca do "proceso" do feito da Comunidade parroquial de San Carlos Borromeo (Madrid), a todos aqueles que se consideren cristiáns adultos, invítoos, seria e formalmente, a reflexionar e analizar, por sí mesmos, á luz do Evanxeo e Paixón de Xesús, sobre este feito que está a escandalizar aos sinxelos.
Está claro que hai moita des/información, especulación e manipulación por ambas
partes. Traten de se informar, a fondo e, como persoas bautizadas ("consagradas como sacerdocio santo") fagan real, palpable e visible o don da súa co/responsabilidade, da súa igualdade e do seu amor/caridade que todos os membros da Igrexa de Xesús temos por dereito/deber, amosando a súa opinión/postura ante este feito que afecta á credibilidade da propia Igrexa.

Convén que opinemos e participemos todos os cristiáns. Sen medos. Eu tamén o farei, Deus mediante. É preciso volver ás raíces e tentar de situármonos na liña do Evanxeo. Debemos preguntármonos, con responsabilidade, ¡¿que xeito de comunidades quere e nos mandou construír Xesús, o noso único Mestre e Señor!? Anímese e participe.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES