Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

1° Certame de micropoesía da Chaira

martes, 28 de marzo de 2017
Así o acordaron os organizadores, NPG Nova Poesía Guitirica e Os Vilares, Lareira de soños cos responsables do proxecto Culturalia GZ, que estreará con esta publicación unha sección de creación literaria.

Dase así cumplimento a un dos puntos das bases do certame que comprometa a edición dos poemas nun blog ou páxina dixital.

Culturalia GZ, un proxecto de clara vocación literaria e cultural no que están involucrados importantes creadores e estudosos da nosa cultura, establece desta maneira pontes de colaboración tamén con entidades que se distinguen polo seu traballo na sociedade, neste caso dúas das máis activas de Guitiriz de da Chaira como son o grupo NPG Nova Poesía Guitirica e a Asociación Sociocultural Lareira de soños dos Vilares, parroquia de nacencia do poeta chairego Xosé María Díaz Castro, inspirador deste novidoso certame de . Este acordo é un exemplo de traballo cooperativo que suma para o conxunto e contribúe a difundir máis e mellor a xa grande producción poética na Terra Chá, tentando a participación a través de pequenos poemas de aquelas persoas con inquedanzas poéticas non necesariamente especializadas.

É o primeiro de futuros acordos de traballo en común aberto a sumar outras entidades que atopen neste soporte un recurso acaído ás seus proxectos e actvidades. Co remate do prazo de recepción de o día 31 de marzo e unha vez que o xurado decida cais son os micropoemas gañadores, todas as poderán ser lidas en rigurosa estrea no CULTURALIA GZ.1° Certame de micropoesía da Chaira
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES