Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Máis alá do despropósito

lunes, 27 de marzo de 2017
Mis al do despropsito Xa sei que o atentado en Londres é un asunto que quizais mereza máis atención que a nevarada da pasada semana na nosa provincia. Pero é que esta deu tanto de si, que non sería eu se non me meto con ela. A ver!, entendámonos; non me vou meter coa propia neve, senón con toda a trangallada que trouxo consigo.

O día antes de que caesen do ceo esas tan ansiadas folerpas brancas e cristalinas, semellaba que, a pesar da súa fermosura, ía acabar o mundo. E a Xunta de Galicia actuou. Vaia se o fixo! Puxo tanto celo, tanto esmero na súa previsión que fixeron que case todo o país noso quedase medio paralizado... para, practicamente, nada.

As folerpas fixéronse tanto de rogar que o mércores, pola contorna de Maceda, polo mediodía, aínda non caera ningunha. Alá foi o primeiro día de clases ó carallo! Pola noite si, pola noite seica xa lle arreou de raio, xa as fotos de todo "mobilista" que se prece empezaron a bombardear o feisbuq, o guasap e demais chafalladas internáuticas que hai por aí soltas. Véndoas, eu mesmo prometíamas moi felices pensando que ó día seguinte, de madrugada, a ver quen era o chulo que cruzaba o porto de Piúca. E foi peor aínda cando ás sete e media da mañá vin que xa no mesmo Polígono había neve. Me cago no mundo!, a que a Xunta vai ter razón!

Non obstante, creo que foi a primeira vez que, habendo neve, circulei pola estrada OU-101 sen que o asfalto acumulase unha pobre falopa. É dicir, que tantos achaques, tantas precaucións para nada. Perdón, rectifico: a paisaxe estaba máis fermosa ca nunca; toda branca e radiante... como as noivas. Pero as medidas que se tomaron para "catro folerpas" foron máis alá do esperpento, do despropósito.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES