Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Polo Rañego

martes, 28 de marzo de 2017
O martes pasado a fortuna quixo que volvese a escoitar a música do Rañego ao abeiro do seu muíño, participando do II Congreso Lucense de Medio Ambiente, e coma sempre enchoupeime dos tesouros da Nai Terra neste recanto máxico, era o comezo da primavera, aínda co clima non o reflectise, quizais pola desfeita do cambio climático, en vésperas do Día Mundial da Auga e da Festa da Árbore en moitos dos nosos centros de ensino, pero a calma e a paz do río fíxome comprender que el sempre está alí chova ou raie o sol, rexo e cantareiro, para manter viva a harmonía con todas as criaturas, dende a herba pequerrechiña á troita brincadeira, máis alá dos días mundiais e das turbulencias do clima.

E coa música de fondo do muíño volvín a lerlle os versos de Díaz Castro: “Herba pequerrechiña que con medo surrís ó sol que vai nacendo e morrendo sin ti, ¿porque de ser pequena te me avergonzas ti? ¡O Universo sería máis pequeno sin ti!”.

Estaba a darnos unha nova leción de sinxeleza, a que asimilaron os escultores dos hectómetros literarios que o acompañan dende fai doce anos, mesmo algún abrollando e arrincando materialmente da Terra Nai coma o dedicado a Agustín Fernández Paz, que alimentou a súa agra literaria co seu humus, o que foi captando dende neno nesta ribeira fluvial. O que máis nos entusiasmou aos congresistas deste Curso de Saúde Ambiental foi a percepción de que os artistas erguesen estes monumentos sen escurecer nin rivalidar coas marabillas da natureza, respectando a febleza e inmensidade dos elementos naturais, porque coma explica o patriarca deles, Valdi, é absurdo competir coa Nai Terra, sempre a levamos de perder, e abofé, nesa xornada tamén aprendímos da febleza e sabedoría do Rañego que a pesares das inclemencias do clima, el foi capaz de mergullarnos no seu caudal de paz bicando co seu frescor a todas as criaturas. Despedinme deste compañeiro fiel agradecendolle o seu ensino moi superior aos relatorios que fixemos os especialistas e algún principiante no auditorio.

Nesta nova visita o seu caudal sigueu a ser o eco do maxisterio permanente da Nai Terra que está a urxirnos que aprendamos dela a valorar a nosa diversidade para medrar en harmonía e boa convivencia.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES