Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xosé Vizoso, recoñecido

sábado, 25 de marzo de 2017
Xos Vizoso, recoecido Xosé Vizoso sempre será recoñecido nos ambientes artísticos galegos polo seu aporte a un estilo tan persoal e nada vulgar que espallou en diversos espazos das artes galegas, tanto no deseño ceramista como na ilustración de libros, carteis e na montaxe de exposicións. Os que seguimos de preto as iniciativas de Vizoso sempre nos sorprendeu esa mesura de crear modelos de arte, tan próximos e rotundos ao que respiramos en galego. A autenticidade artística deste autor toma unhas dimensións moi destinguidas nesas formas figurativas, nas que contemplamos o selo tan personalizado de Xosé Vizoso.

Hoxe en Mondoñedo vai ser unxido profeta na súa propia terra, nesa homenaxe ornamentada de amigos verdadeiros, que lle van impoñer a mellor honra de recoñecer a súa arte e a súa humanidade, sempre referencia de xenerosidade e autenticidade emerxente. Amigo Vizoso, encantaríame estar hoxe no Mondoñedo dos “bos e xenerosos”, no que xa ti tes lexitimidade existencial, e facer roda e coroa con todos eses amigos que recoñecen os teus dons humanos e artísticos. A infortunada axenda non me permite estar nese encontro tan emotivo.

Por tanto, confórmome de que a memoria retraíame naqueles encontros en Sargadelos, no teu estudo ao lado do que tiña o grande mestre e lembrado Isaac Díaz Pardo. Alí estabas ti deseñando figuras que logo ían lucir as Cerámicas de Sargadelos. Figuras tantas veces anónimas, mais moitos de nós sabemos da túa autoría, da túa puntual mestría espallada por todo o mundo. Centos de libros están ilustrados dunha maneira artesanal e de delicada destreza, que publicou Ediciós do Castro. Todo un legado de interese xeral que saíu da túa vocación creativa e de expresar a autenticidade do noso país. Eu son un deses privilexiados, por ter varias das túas ilustracións que enaltecen a palabra e converten a un libro en valor artístico.

Venme á memoria aqueles encontros en Sargadelos, no Castro de Sada, en San Marcos, en Compostela, a conversar de tantas cousas e de ver debuxos contigo e con Isaac. Tamén en Barcelona e Madrid, na montaxe daquelas exposicións sobre a cultura angolana que ti montaches dunha maneira sorprendente. Tantos recordos dadivosos -benquerido amigo- que marcaron en min un impacto xeneroso e cordial. Grazas amigo Vizoso, envíoche o meu humilde recoñecemento e unha fonda aperta.
García, Xosé Lois
García, Xosé Lois


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES