Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Portugal, ¡Imos aló!

viernes, 13 de abril de 2007
Que lonxe aqueles tempos nos que Portugal era o veciño pobre co que compararse para sair airosos os habitantes deste fisterra esquecido por Madrid. Que lonxe aqueles tempos nos que os turistas galegos que visitaban Portugal sentíanse posuidores dunha moeda forte, gañadores no cambio, como se levasen dólares de segunda canxeables de xeito ventaxoso por pesos de terceira.

O veciño de máis aló do Miño avanzou neste último cuarto de século a unha velocidade moi importante, en proceso que pode ser perfectamente achacable á modesta base de partida, pero que tamén hai que situalo na xusta medida que merece a iniciativa, o traballo, o empuxe dos portugueses ansiosos por ser iguais ós seus iguais nunha Europa que lles pertence por dereito propio.

No aeroporto de Oporto, hai unha sala destinada ós viaxeiros que proceden de Galicia, e alí campea un gran rótulo que define aquela instalación como “O aeroporto de tódolos galegos”, onde se facilita prensa española, onde chegan cinco veces ó día autobuses desde Vigo cunha ocupación do setenta por cento de viaxeiros que teñen Oporto como aeroporto propio, despois dunha viaxe por estrada de 90 minutos de duración.

Os responsables dos aeroportos galegos deben estar seriamente preocupados pola competencia leal, pola conquista de viaxeiros, polo ofrecemento de condicións máis beneficiosas que fan esquecer a distancia e o tempo.

Algo falla no noso transporte aéreo cando preferimos ir moito máis lonxe, fóra da nosa comunidade, para recibir mellor trato. Portugal, é certo, está perto. Pero non tanto. O que pasa é que os portugueses saben achegarse. Pois que veñan -¡imos aló!-con ben.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania