Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Novo documentario de Lareira de Soños

jueves, 23 de marzo de 2017
Novo documentario de Lareira de Soos Despois da experiencia do documentario ENTRAR AOS VILARES, que leva xa quince proxeccións por outras tantas localidades galegas desde a súa estrea a finais dode pasado ano, a Asociación Sociocultural Lareira de soños producirá outro documentário. Tratase dunha curta documental sobre a figura do Armeiro de Berulfe, un antigo fotógrafo polifacético de grande parte do pasado século.

Formará parte dun conxunto de iniciativas para recuperar e divulgar a figura de José Lobeiras Gómez «O Armeiro de Berulfe».

Unha publicación, unha exposición e unha curta documentaria serán editados o vindeiro ano aproveitando o traballo de documentación realizado por Pas Veres para o seu libro e a restauración de vellas fotografías do Armeiro realizada por Moncho Fuentes.

O documentario, será dirixido por Antón de Guizán, presidente da Lareira de soños e realizado con Moncho Fuentes (fotógrafo) e outro directivo da asociación, Luís de Fabete que acaba de inaugurar a exposición fotográfica de Vilar EXPO na Escola Habaneira de Guitiriz.

A figura e a obra do Armeiro de Berulfe e a súa obra será dada a coñecer no proximo 2018 polas vías anteriormente expostas.

Coñecido por ser un dos máis importantes fotógrafos ambulantes da Terra Chá nunha época, foi unha persoa polifacética, xa que desenvolveu numerosos oficios como sacamoas, xoieiro, armeiro, ebanista, colocador dos primeiros canalóns de cinz na zona, labrego...

De ideas republicanas, foi un home afiantado aochaira seu tempo e cuxa memoria merece ser rescatada. A rodaxe iniciarase no verán e teremos testemuñas que o coñeceron e trataron directamente, familiares, veciños e profesionais, ademáis de contar con interesantes documentos e fotografías facilitadas pola familia. O título do filme será «O ARMEIRO DE BERULFE, a memória retratada». Imaxes da lembranza doutros tempos que contribuen tamén á recuperacion dae memória histórica visual, nenos, militares familias, festas, mortes, postáis que son o retrato da vida dos nosos antepasados e que reremos a sorte de disfrutar grazas á recuperación dese fondo de José Lobeiras por parte de Pastora Veres.

Filme, exposición e publicación estarán dirixidas por Antón Tenreiro coordinados por Moncho Fuentes e co apoio permanente de José Luís Teijido Comba (Luís de Fabete).
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES