Parabéns!
Lamas, María Xosé - lunes, 20 de marzo de 2017
O día dezanove de marzo, por tradición, por sentimentos, por lembranza doutras épocas ou insistencia publicitaria... segue a ser unha data sinalada. Parabéns a todos e todas as que comigo levades este nome!
Eu, María Xosé, lembro especialmente a meus padriños: meu avó paterno, José María Lama de la Fuente (de Lalín, Pontevedra), e a miña avoa materna, María Josefa Paredes García, natural de Vilapedre (Vilalba), e tamén ao meu tío avó José, "O Golpe", que tantas cantigas me ensinou...
Mais foron moitos e moitas as Josefas e os Josés que formaron parte da miña vida.
Hoxe lembro especialmente a Don José Apenela, a quen quixen case coma un pai.
Cada día de San José recibía un agasallo especial: unha garavata. Non era pola onomástica. Sempre lle dicía que era polo "día do pai" e el sorría agradecido.
Non sei de ningún outro presente que poda hoxe ofrecerlle con agarimo e agradecemento por tanto cariño como o que nos profesamos sempre.
Recibe, pois Don José, unha garavata da miña parte, aló onde te atopes e sempre na miña memoria!

Lamas, María Xosé
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora