Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dezasete anos de vida

martes, 21 de marzo de 2017
Dezasete anos na vida dunha persoa xa pesan algo. Dezasete anos convivindo con outras persoas, xa fan historia.
Esto é o que ven sucedendo co “Consejo de Ancianos de Xestoso” que naceu co cambio de século e xa leva dezasete anos de vida.

Leva dezasete anos de vida ben vivida:
-Compartindo experiencias entre persoas de diferentes idades e parroquias.
-Compartindo vivencias de todo tipo.
-Compartindo viaxes pola xeografía española.
-Compartindo coñecementos da man de excelentes profesores.
-Compartindo alegrías cando tocaba disfrutalas.
-Compartindo penas cando se produce unha separación.
-Compartindo algo de todo, porque compartindo enriquecémonos todos.
-Compartindo as alegrías, multiplícanse e compartindo as penas, fanse máis levadeiras.

Ninguén pon en dúbida os beneficios desta asociación. Tampouco se poñen en dúbida as melloras e a dinamización desta comarca desde o nacemento do “Consejo de Ancianos de Xestoso”

Pero aínda temos que salientar o gran salto que se producíu coa chegada da UNED Sénior Galicia Rural no ano 2008.

-Melloraron os coñecementos.
-Mellorou a aprendizaxe.
-Mellorou a socialización.
-Subiu notablemente autoestima deste colectivo.
-Subíu o nivel de endorfinas.
-Creáronse novas relacións interpersoais e interparroquiais.
-Hoxe somos todos máis felices.

Merece a pena todo o esforzo levado a cabo.
A iniciativa do seu creador, o cura don Luis Ángel Rodríguez Patiño, está dando bos froitos.
O esforzo da Administración, tamén.
E as aportacións dos concellos que abarca, fanse necesarias para honrar a este sector da poboación que estivo ignorado durante moito tempo.
Independentemente da idade e dos achaques propios desta etapa da vida; seguimos sendo persoas con capacidade para disfrutar e gozar do tempo que nos queda.
Por eso nos reunimos cada vez que temos ocasión.

Por eso nos alegramos ó reencontrármonos.
-Por eso celebramos estar xuntos.
-E por eso hoxe é un día grande para nós.

Grazas a cantos facemos posibles estes enriquecedores encontros.
A simple vista, parece que os resultados son óptimos, pero non é para tanto.

Serían moito máis enriquecedores se non xirara todo arredor dunha persoa, neste caso, Don Luis, que a pesar de ser moi válido, sempre sería mellor que levara a asociación un grupo de persoas que poideran aportar e compartir ideas diferentes e aire fresco.

Sería necesario e urxente que outras moitas persoas desta zona se implicaran neste proceso.
Deberíamos animar a persoas de tódalas idades na dinamización desta comarca que ben o merece.
Confiamos que esto se produza canto antes mellor, e mentres tanto reunirémonos arredor dun altar e unha mesa compartindo mantel e fraternidade.
Moitas grazas por permitirme expresar o meu humilde parecer nesta ocasión, porque tamén lle teño moito cariño a esta zona por diversas razóns.
¡Graciñas!.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES