Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pregóns e pregoeiros

martes, 10 de abril de 2007
O dos pregóns é algo que parece decimonónico, pero sigue de rabiosa actualidade. Cambian as formas, pero o fondo ou trasfondo sigue.

O fondo é que diante de calquera acontecemento de relevancia que se celebre nunha capital ou no concello máis humilde, procúrase que teña difusión xeitosa a través dos medios de comunicación. E a solución máis asequible foi sempre a do pregón.

Antes o pregón era algo serio, no que un académico – nos mellores casos –, un xornalista, unha persoa de prestixio canto de máis lonxe mellor, pronunciaba unha conferencia ou alocución, sempre escrita, na que loubase o acontecemento ou o producto festexado.

Os espectadores ó acto daban fe da celebración, e os medios informativos ó reseñar o acto completaban a celebración.
Agora os pregóns cambiaron… futbolistas, humoristas, mises… as novas figuras desta civilización lixo son os encargados de divulgar, vulgarizar, anunciar, proclamar estas celebracións. Os Tonechos veñen de pregoar a Festa da Ostra en Arcade, Risoterapia a Festa do Viño de Amandi e Silvia Jato a Feira do Viño de Quiroga. E a alcaldesa de Sober proclama que desexaban deixar de lado o típico pregón.

Será que os tempos cambian, e que os serios, sesudos, literarios, pregóns de antes non resisten o paso por estes tempos lixeiros, ledos, insustanciais, divertidos. E compre axustar os persoeiros ós tempos, que cambiar a realidade é cousa de iluminados.

Pregóns e pregoeiros para tempos cambiantes. Humor para anunciar cousas serias. Signo dos tempos que corren, no que compre utilizar o máis vulgar para achegarse ó gran público, pensando que a culpa é do gran público e non de quen o adocena. Pan e touros, pan e fúbtol, panen e circensis. Roma, Franquismo ou Democracia, é igual.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania