Cataluña berra, Euskadi susurra, e Galicia cala
Xiz, Xulio - lunes, 20 de marzo de 2017
Os gobernantes de Cataluña levan tempo intentando romper as reglas de xogo e o xogo mesmo e conseguir polas bravas o que unha parte dos habitantes daquelas terras tentaron conseguir polas boas, sen éxito polo de agora.
Hai unha novela de Lois Dieguez, Galou Z 28, que especula sobre unha Galicia que se separa do resto da PenÃnsula, para vivir unha vida nova pola súa conta. E xa é un clásico “La balsa de piedra” de Saramago, que fabula con que se abren os Pirineos, e España e Portugal se separan do resto de Europa para viaxar libres polo Océano Atlántico. Non sei se na literatura catalana teñen –seguro que si- a narración dalgunha epopeia que os permita separarse fÃsicamente de España de cara ao Mediterraneo, porque pasar por Xibraltar cara ao exterior serÃa ben difÃcil.
O goberno español non deixan de proclamar que todo está atado e ben atado, que coa lei todo e sen a lei nada, pero os desafÃos prodúcense cada dÃa, sen que pareza haber puntos de coincidencia, aÃnda que conversas parece que houbo e haberá.
AÃnda que en tempos de conflicto non conveña facermudanzas, os gobernantes cataláns demostran ter presa na súa fuxida, en tanto que similares forzas doutros lugares con tanto dereito autonomista – independentista?-, gardan silencio.
Cataluña berra, Euskadi susurra, e Galicia cala… As forzas nacionalistas non falan deste tema, e non parecen ter demasiado interese en deixar clara a súa postura independentista… por non ser o momento, ou por saber que as mensaxes deste tipo non teñen moitos seguidores no noso pobo.
E pensar que sempre coidamos que os català ns –os tópicos son asÃ- adoraban “á pela” por encima de calquera outro valorÂ… Que ao mellor seguen sendo igual de prácticos, e poñendo euros enrriba da mesa de negociacions cálmanse os ánimos. Que, neste caso, xa non se trata dun tres ou catro por cento, como recentemente alguén confesou, senón que, xa que España os rouba, queren conseguir cen anos de perdón esquilmando a quen con eles, seica, como ladrón se porta.
O tema é tan recurrente, tan cansino, que se se fixese un referéndum nacional sobre a separación dos cataláns, ao mellor conseguÃan a independencia só por perdelos de vista.

Xiz, Xulio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora