Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Antía Cal, a pedagoxía feita diálogo

miércoles, 22 de marzo de 2017
Anta Cal, a pedagoxa feita dilogo Coñecín a historia de Antía Cal cando Xermolos lle concedeu o título de Chairega de Honra. É a viúva de Antón Beiras a quen Celso Emilio lle ten dedicado un fermoso poema que leva por título “Un día” e do que me permitín coller prestados os dous últimos versos para introducir o meu primeiro libro.

Entrar en contacto con Xermolos e a súa marabillosa Irmandade, abriume as portas a coñecer moitas historias e moitos exemplos morais que hoxe constitúen para min referencias imprescindibles. Entre estas referencias, sendo educador e desenvolvéndome profesionalmente neste campo, Antía Cal é unha referencia vital. Trátase dunha persoa que loitou polo que quixo ser e, ademais, planificou a súa consecución cunha mentalidade moi avanzada para a época que lle tocou vivir como amosa o feito de que non quixera casar sen ter un traballo.

Fundar un colexio nos anos sesenta e aplicar as principais correntes pedagóxicas que na época se desenvolvían semella un milagre case propio dunha novela de ciencia ficción; non en tanto, isto era o que Antía aplicaba no colexio Rosalía de Castro en Vigo. Era un colexio distinto, no que a principal preocupación era que a infancia descubrira o mundo construíndose ao mesmo tempo como persoas. Naquel colexio o principal era a infancia, escoitala e levala polo camiño da asunción dunha escala de valores propia e ao mesmo tempo, darlle a coñecer a súa realidade sociocultural.

Antía sabe escoitar a voz da curiosidade e tirar por ela ata agromala en coñecemento. Tamén sabe que non pode haber un brecha entre a escola e a realidade porque entón o acto educativo banalízase e perde o seu sentido. Por iso sempre tivo en conta a realidade na que lle tocou educar, a realidade real, non a ficticia construída por un réxime autoritario. Isto fixo as cousas máis difíciles pero nesta situación Antía nunca renunciou ao seu propio xeito de educar. O resultado foi que o colexio Rosalía de Castro que ela fundou converteuse nunha referencia, ao igual que hoxe, ás portas dos 94 anos, Antía segue a ser unha referencia para a pedagoxía en Galicia e máis alá porque os verdadeiros pedagogos desenvólvense ideando unha resposta á realidade que lles toca vivir pero a súa aplicación e o xeito de elaborar dita resposta lévaos a idear un método que se converte en legado universal. Polo tanto, Antía Cal, como todos eses pedagogos que lle serven de exemplo, léganos unha obra universal que nos ensina que educar é un acto creativo, cívico, emocional, pegado a unha realidade que lle é propia e que non pode ignorar; polo tanto non existen contidos que se poidan excluír da educación senón que a educación ten que moldearse aos contidos da realidade para, a partir deles, agromar cultura e azos para transformar a realidade.

Recordo que cando Antía foi proclamada Chairega de Honra, no seu discurso falou dunha sesión na que se invitaba aos nenos a reflexionar sobre a chuvia e a auga, preguntándose se é boa ou é mala e procurando unha argumentación por parte do alumnado independentemente do seu posicionamento. A pregunta sempre será a base que nos leve a indagar en nós e na realidade; Por iso Antía deu co xeito de facer unha escola distinta capaz de dotar ao alumnado da ferramenta máis primordial para desenvolverse: o pensamento crítico.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES