Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cuestión de altura

lunes, 09 de abril de 2007
Cada vez son menos as barreiras físicas a superar no acceso a postos de traballo, excepto aquelas que a propia naturaleza ou cometido a efectuar esixe. E así a Administración reserva un cupo de prazas en cada convocatoria para persoas con minusvalías, de xeito que poidan acceder con relativa facilidade á función pública a pesar de ter carencias que non incidan directamente no traballo a desempeñar.

Unha das barreiras que acaba de caer é de altura, da altura que se esixía ós aspirantes a postos de policía nacional, establecida ata hai pouco en 170 cm para os homes e 165 para as mulleres. En febreiro do pasado ano reduciuse en cinco cm a talla mínima feminina, quedando en 160 cm. Nada se variou na dos homes.

Un Real Decreto de reforma do regulamento de acceso ó Corpo Nacional de Policía ven de establecer que será abonda unha estatura de 165 cm para que os homes poidan ser policías, manténdose en 160 o das mulleres.

Parece baladí o tema, pero non o é porque esta diferencia de cinco centímetros posibilita que moitos aspirantes que quedarían fóra por non dar a altura requerida poidan acceder a unha praza.

Nas esixencias actuais a un aspirante a policía, a da talla é a menos importante. Sí o son a formación física, o bagaxe cultural, o conocemento da sociedade, a disciplina, a formación legal... pero o da talla é un tema menor.

Minorizar esta esixencia é achegarse ó problema pero non darlle solución para sempre. Necesitamos que os policías e as policías sexan dilixentes, preparados, conscientes do seu papel, verdadeiros servidores da sociedade. O de altos ou baixos debera ternos sen cuidado.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES