Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A tenda de Tere: un soño a forza de loita

miércoles, 15 de marzo de 2017
Nos Albores do 8 de marzo sorpréndeme unha nova que me aleda o día. É unha destas novas que sementan un antes e un despois como se o mundo mudara polo simple feito de coñecela. A nova á que me refiro veu de Monforte e incumbe a unha persoa moi querida para min: Teresa Díaz, que vén de abrir unha tenda de agasallos na cidade do Cabe.

Coñecín a Teresa alá por novembro do 2005, cando empecei a traballar en Meular Servizos Asistenciais e vivía, como ela, nos pisos tutelados da Asociación Agora. Para min aquel ano foi unha experiencia única e inesquecible agarimada por unha gran familia que sinto como propia.

Teresa, alén da súa diversidade funcional, era e segue sendo unha furibunda loitadora inconformista que nos falaba de soños que semellaban auténticas utopías. 12 anos despois Tere fixo realidade 4 grandes soños(ou 4 grandes utopías): ten o seu propio piso, sacou a ESO, casou con Dani e rexenta unha tenda. Hai un dito que afirma: “non sabía que era imposible e fíxoo”. Isto non foi o que lle pasou a Tere; Tere, sabendo que era imposible loitou con sangue, suor e bágoas ata conseguilo.

Hoxe síntome unha testemuña privilexiada dos soños de Tere: unha resiliente silenciosa que viu máis alá e labrou na súa realidade o propio porvir. Esta nova fixo, para min, o 8 de marzo máis ledo e creo que debo expresar a quen lea isto unha mensaxe en maiúsculas: OS SOÑOS DE QUEN LOITA XAMAIS SERÁN IMPOSIBLES.

Parabéns Tere e grazas pola túa ensinanza.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania