Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Educar para consumir

jueves, 16 de marzo de 2017
A educación dunha persoa abarca moitos campos, entre eles educar para consumir.

Cando hai escasez de recursos, faise obrigatoria; pero cando gozamos dunha economía que nos permite ”certos luxos”, resulta máis difícil.

Todos dicimos que estamos en crise.
Todos dicimos que hai moito paro.
Todos coincidimos en dicir que a vida está moi cara.

Hai queixas para dar e para tomar.
Pero –paradoxas da vida- cada día gastamos máis.
Cada día gastamos máis porque consumimos máis:
-Vivimos en casas máis confortables.
-Viaxamos en mellores coches.
-Vestimos mellor.
-Comemos mellor, ou eso pensamos.
Etc, etc

Todas estas melloras dinnos que temos mellor calidade de vida.
Eso é moi bo sinal.
Pero:
¿SERÁ BO SINAL CELEBRAR OS CUMPREANOS DA INFANCIA EN LUGARES PÚBLICOS CON CANTOS MÁIS CONVIDADOS MELLOR?
-Convídanse os amigos.
-Convídanse os compañeiros.
-Convídanse os veciños.
-Convídanse os coñecidos.
-Convídanse algúns parentes.

Eso si: moitas veces exclúense os avós e otros membros achegados da familia.
-E ata poden convidarse descoñecidos con tal que leven o correspondente regalo.

Todo esto ten un coste económico que hai que pagar e despois corresponder coas persoas que nos acompañaron para acompañalas no seu día.

O coste económico soluciónase traballando un pouco máis; é dicir, sumando horas extras á xornada de cada día ou privándose de algo aínda que sexa máis fundamental.

Se os que pagan, o consideran oportuno: ¡Alá eles!

Tampouco importa se a criatura se comporta como lle corresponde á súa idade ou non: o importante é a festa:
¡Presumir!
¿Fanfarronear..?
¡Como o fan todos..!
¡Nós non imos ser menos!

Ben… agora pregúntome eu:
¿Cómo estamos educando a nosa descendencia á hora de consumir?
¿Vai ter máis e mellores amigos o día de mañá?
¿Cantas desas persoas van conserva-la amistade ó longo da vida?
¿Pensará a criatura que a súa familia é multimillonaria?
¿Vai poder manter ese nivel de vida por moito tempo?

Por outra banda:
Celebrar aniversarios é preceptivo; porque se pasa ben, porque se fai festa, porque é moi divertido, porque o fan todos…
Pero:
¿Qué pasou coas festa onomásticas nas que celebrábamos o día do santo ou santa para imita-las súas virtudes?
¿A VIDA DE PERSOAS EXEMPLARES XA DEIXOU DE SER EXEMPLAR?
¿Xa non hai que practica-las virtudes?

¿CALES SON OS MODELOS QUE LLES PRESENTAMOS Á INFANCIA DESTES TEMPOS?
¿O materialismo e o consumismo?
¿O MATERIALISMO E O CONSUMISMO SON O MÁIS IMPORTANTE NESTA VIDA?
……..
Andando o tempo; cando a vida lles presente a cara dura:
¿Cómo enfocarán os problemas?
¿Estarán ó seu carón todos os amiguetes dos cumpres?
¿Cómo se sentirán se a economía se resinte?
¿Frustraranse?
Algo vai pasar.
……….
¿Non nos estaremos pasando?
Moito me temo que teñamos que revalorizar a humildade e a sencillez.
“HUMILDADE E SENCILLEZ”
Este será o título do seguinte artigo.
Dous valores algo descoidados pola sociedade actual.
¿Non lle parece?
Moitas grazas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES