As velocidades do tren
Editorial - viernes, 06 de abril de 2007
Un tren francés ven de establecer un record de velocidade ó chegar ós 574 kilómetros por hora sobre raís na linea entre París e Estrasburgo. O record total está nun tren xaponés suspendiodo magnéticamente, que chegou a viaxar a 581 kilómetros por hora.
Para o record sobre raís, os responsables do transporte ferroviario suplementaron a forza impulsora das locomotoras, dotárono de rodas especiais, reforzáronse soportes e lineas electricas, cun custo aproximado de trinta millóns de euros que se dan por ben empregados polo que supón de publicidade dun medio de locomoción e dun país.
Se comparamos estes 574 kilómetros por hora cos 87 que avanza de promedio o tren que une Madrid con Galicia danos idea de onde estamos e en que situación. O que o tren francés recorre nunha hora lévalle ó Madrid-Galicia seis horas e media.
¡Que contraste coa publicidade que fai o organismo responsable dos ferrocarrís hispanos do tempo que leva entre unha e outra cidade do leste español cando están unidas polo Ave!
¡Ave Maria!. ¡Canto nos queda por rezar, por agardar, por sufrir.
Neste lonxano noroeste, o ferrocarril non existe como medio de transporte. Menos mal que sempre nos queda o recurso musical de usar como entrañable fonte de calor sentimental o que produce o Cha-Ca-Chá do tren.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora