Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cada vez máis sabios, cada vez máis vellos

miércoles, 04 de abril de 2007
A vellez vai unida á sabiduría, precisamente porque entendemos que a experiencia é unha magnífica fonte de coñecementos, e aínda que hai moitas outras fontes onde beber para alimentar o espírito, o alimento que a vida nos vai proporcionando témolo na mellor das consideracións.

Galicia é terra vella, na que boa parte da poboación ten idade venerable. Se entendemos que esa “venerabilidade” comeza ós cen, nestes momentos temos catro veces máis venerables que hai dez anos, xa que se en 1996 había en Galicia 214 centenarios agora son xa 790, sendo Pontevedra a provincia (con 276) que rexistra un número maior de persoas que teñen cumpridos os cen anos.

Este incremento non pode atribuirse exclusivamente ó envellecemento da poboación, senón que moito terá que ver a mellora rexistrada na alimentación, nos xeitos de vivir, na sanidade. E un incremento así pode non ser beneficioso para as estatísticas sobre poboación, pero é magnífico para os que van accedendo a esa dignidade vital e para a sociedade que os disfruta.

España vai ser, se as tendencias actuais seguen o camiño que indican, a poboación máis vella de Europa. E Galicia ten dentro de España os índices máis altos de envellecemento.

Que os que calculan os índices laborais, os que evalúan os custos das pensións dos xubilados, os que temen polo envellecemento da poboación útil, se preocupen polo que esto poida significar estatisticamente. Para a poboación galega en xeral, para os vellos e os non tan vellos, para os que disfruten dun vello na familia, é esta unha magnífica noticia.

Somos cada vez máis vellos, cada vez hai vellos máis vellos, cuadruplicamos en catro anos as cifras de centenarios. Eso quere dicir que, con permiso das enfermidades dexenerativas que fan estragos entre os maiores, somos cada día máis sabios e eso – que se notou sempre no noso sentidiño colectivo – algún día hase ter que notar de forma ostensible nestes axitados tempos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania