Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'O Caritel', de Caxigueiro

Fernández, Suso - lunes, 13 de marzo de 2017
O barrio da parroquia focega de San Martiño, por ubicarse nel a histórica ex-catedral e actual basílica, é o punto de meirande interese cultural do concello. A natureza e a historia ás veces acumulan valores que concitan a atención das xentes e, lugares mais ou menos inéditos, convértense en cita para numerosos visitantes, atraídos polas pegadas do currículo dunha existencia que, como e o caso,cífrase en preto de vinte séculos, dende a era do prerrománico, do que o cenobio é exemprar único.

Pretiño del, en paraxe de bucólica beleza, a carón do río Centiño, ten o seu obradoiro o artista plástico Caxigueiro onde, por iniciativa propia ,abríu ó público un fermoso xardín botánico duns 3.500 m2 que destaca pola colección de camelias, formada por mais dun cento de variedades, así como a abundante flora autóctona e curiosas especies exóticas, que conceden ó recinto un sinalado interese que ven a potenciar o que, por sí só o recoñecido valor histórico e cultural do singular monumento que é a igrexa de San Martín de Mondoñedo.

O recorrido polo Espazo Caritel permite acceder ó edificio, obra do arquitecto Xosé D. Moscoso, con dúas salas de exposicións. O artista ten participado en numerosas mostras, individuais e colectivas, polifacético que domina variados medios de expresión artística: cerámica, escultura, fotografía, poesía…Presente en importantes ciudades galegas, así como en Lisboa, Madrid, Valencia, Zaragoza… o seu traballo forma parte das mais prestixosas colección de Galicia: CGAC, Abanca, Unión Fenosa…

Sen dúbida que a inciativa de Caxigueiro resulta exitosa porque aporta, a través da arte e a natureza, alicerce que complementa a visita a ese baluarte da Historia e da Cultura que é a basílica de San Martiño de Mondoñedo,da que Trapero Pardo, ilustre escritor, membro da Real Academia de Arte de San Fernando, dixo: “…el templo está allí, en aquella vallina, breve y cálida como el hueco de una mano, ofreciéndose a la admiración del visitante con su belleza formal y tentando con su enigma al erudito y al investigador.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES