Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Triste lei de vida!

lunes, 13 de marzo de 2017
A maioría das veces as porcentaxes de certos asuntos que amosan os periódicos, á parte de que non valen para nada, son superfluas, innecesarias. Porque hai porcentaxes coas que non se descobre a pólvora, que non fai falta nin tan sequera nomealas, xa que as vemos a simple vista. Aí atrás comentaban que aumentara o número de galegos que viven sós. Iso non facía falta que o dixeran os medios de comunicación, porque o vemos tan axiña como cando descobrimos dunha curva de calquera aldea. E xa postos, eu añadiríalle a ese titular ou a esa noticia "que descoñeciamos", que a maiores de vivir sós, esas persoas viven en aldeas xa practicamente abandonadas.

Aumentan os que viven sós. Estes morren e, ale, outra aldea máis que se esborralla, que se derrúe. Se non hai traballo nunha aldea (ou incluso xa nunha vila), se non hai vida, quen vai vivir nela?, quen vai coidar ós derradeiros habitantes das mesmas?

Tal e como está hoxe a sociedade, avanzamos cara á unha soidade absoluta e total. E non vale que reformen escolas vellas ou fornos derrubados para levantar por toda a xeografía residencias de acollida nas que xa poden estar cheas que, aí mesmo, a soidade ata pode ser incluso máis grande ca propia soidade. Antigamente os vellos, as persoas maiores morrían arrodeados de fillos ou familiares. Hoxe non hai nin fillos nin moito menos familiares. Viven sós e, o que é peor, morrerán sós. Triste lei de vida!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania