Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Exposición VilarEXPO: Fotos de Luís de Fabete

viernes, 10 de marzo de 2017
Exposicin VilarEXPO: Fotos de Lus de Fabete Valentín Purriños, Fotógrafo distinguido da Fepfi e nominado aos Goya de fotografía 2005, será o convidado ao acto de inauguración da exposición de VilarEXPO, de Luís de Fabete, sobre natureza e etnografía da parroquia dos Vilares.

Valentín, nado en Guitiriz, amosará o seu apoio á iniciativa de Luís de Fabete, co que coincide en idade, o dia 18 de marzo ás 21:00 na Casa Habanera de Guitiriz. Teremos a sorte de disfrutar de 33 espectacurares imaxes e de escoitar ao seu autor e ao prestixioso fotógrafo chairego, que xuntamente coas súas fillas foi premiado e recoñecido en numerosas ocasións.

Ademáis de Luís de Fabete e Valentín Purriños falarán o presidente da Asociacion Sociocultural Lareira de soños, (entidade organizadora) Antón de Guizán e a alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín.

A exposición conta co patrocinio de GADIS e aa colaboración da Reserva da Biosfera Terras do Miño, o concello de Guitiriz e Copitec Dixital.

Permanecerá un mes en Guitiriz, na Casa Habanera e posteriormente está xa solicitada para a parroquia vilalbesa de Lanzós e o espazo Biblos de Betanzos

José Luís Teijido Comba "Luís de Fabete" (1949) é un fotografo tardío, un vilarego que como outros moitos da parroquia, desenvolveu variados oficios: barbeiro, agricultor, técnico de rádio, o primeiro montador de televisións da parroquia, floricultor e incluso presidente do monte comunal dos Vilares, o que o convirteu nun dos mellores coñecedores do território do lugar. Dotado dunha sensibilidade especial, Luís é un grande amante da natureza e da etnografía, descubridor tamén de pezas arqueolóxicas como un machado prehistórico ou a mámoa das Carriceiras, é un paciente observador das criaturas do nóso hábitat, ás que "caza" en instantaneas únicas como as que se poden observar nesta VilarEXPO, pequenísima mostra do que os ollos de Luís poden captar detrás da súa cámara. 33 imaxes impactantes tamaño 70x50 cms que non deixarán indiferente a ninguén. O retiro profesional de Luís, agasallou á parroquia un artista e unha persoa comprometida co seu entorno a través da Asociación Sociocultural Lareira de soños. As súas fotografías axudannos a todos a coñecer e valorar a nosa riqueza máis próxima, a aumentar a estima do nóso e a corroborar que as "herbas pequerrechiñas" das que falaba Díaz Castro, desde Os Vilares, enchen de perfume o mundo.Exposición VilarEXPO: Fotos de Luís de Fabete
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES