Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No Día da Muller Traballadora

miércoles, 08 de marzo de 2017
Hoxe é o día da Muller Traballadora. Como se non o fosen todos os días de todos os anos. E ata é posible que un día coma hoxe consiga poñer luz sobre unha realidade, difícil entre as realidades difíciles.

Os homes asignáronlle ás mulleres o calificativo de sexo débil, con total lixeireza e irresponsabilidade, pero así coñecemos a definición desde o comezo dos nosos tempos. E eu non creo que haxa debilidade en ningún dos sexos, pero se algún fose débil, ese non era o da muller.

Galicia ten unha tradición matriarcal que hai quen busca na tradición, no ambiente,no clima, na pobreza… en base á realidade existente, acreditada de xeito moi especial nas viuvas de mortos, abundantes pola dureza do traballo masculino en tempos pretéritos, pero tamén polas viuvas de vivos, co marido na emigración, moitas veces en ignorado paradeiro, que tiñan que facer fronte a unha realidade durísima, sacando á súa familia da miseria e da fame. Pois nesta Galicia aínda hai que celebrar o Día da Muller traballadora.

A muller ten conquistado un lugar na sociedade: no ensino, na medicina, no xornalismo, na administración… o 70% dos funcionarios da Xunta son mulleres. Pero segue a ser realidade a duplicidade do traballo feminino que desempeña unha profesión fóra da casa, sendo nai e todo o demais ao volver ao fogar.

Supoño que por ahí hai que entender o Día da Muller traballadora… en facer constar o seu especial papel, o especial esforzo que a muller que traballa fóra da casa ten que desempeñar, e mesmo o especial esforzo en cada posto de traballo para conseguir ser igual nominalmente ca os homes… Moitas veces, mellores, para conseguir ser iguais.

Non comprendo como o que ten mulleres na casa non ve o especial esforzo das amas de casa ou das compañeiras de traballo para conseguir conxeniar o seu papel dúplice, necesariamente pluriempregada para conseguir a imprescindible igualdade.

E hoxe é o Día da Muller Traballadora. Como todos os días de todos os anos. Só que hoxe é o momento axeitado para dar a coñecer a situación real do traballo da muller, cada vez máis visible na sociedade, sempre esixíndolle máis para ser igual.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES