Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

...Tamén por iso

jueves, 09 de marzo de 2017
Chegados ó punto de infravaloración ó que chegou a calidade do idioma -xa sexa este o galego ou o castelán- como elemento indispensable na comunicación, no que un responsable dun exame de ortografía para unha oposición, acaba tendo que cesar porque seica o puxo demasiado complicado, non me sorprende para nada a lea que esta mesma tarde -onte, para vostede- se montou por un textiño dun cento de letras que colgou no seu muro do "twitter" e que se non quixo ser ofensivo, si, cando menos, dáme a min que perseguiu unha alta dose de polémica.

Se cadra por deformación profesional, cada vez que vexo na prensa algún escrito asinado por algún representante electo no Parlamento galego ou por algún outro representante en calquera outra institución, en exercicio, máis ca no fondo da cuestión que aborda nel e co que podo estar de acordo ou en desacordo, adoito centrarme no texto, no contexto e na sintaxe do mesmo. É dicir, en se o texto está ou non está ben escrito e se está ou non está correctamente ensarillado oracionalmente.

E fago isto -sobre todo no caso daqueles que quentan os escanos do Parlamento- porque a propia denominación do cargo que libremente aceptaron exercer unha vez foron electos ten como principio de actuación a de "parlamentar" e parlamentar é utilizar correctamente o idioma na comunicación que eles sosteñen co resto de parlamentarios ou coa sociedade para a que exercer o cargo co que foron dotados.

E feito isto debo lamentar sinceramente que na inmensa maioría dos casos nos que teño levado a cabo este exercicio empírico, a calidade comunicativa deles -e elas- é certamente baixo, por non cualificar de ínfimo nalgúns casos.

Velaí onde está o quiz da cuestión con acostumada frecuencia: Se hai un baixo nivel de calidade comunicativa, o máis doado é que cando un queira expresar unha idea, formular unha denuncia pública ou criticar ó representante da outra beira, se en calquera destas accións o emisor se explica mal, o máis fácil é que acabe sendo mal interpretado.

Despois de ler o polémico "twitt" da parlamentaria de Podemos-Galicia, que di, "hoxe todas na loita feminista. Reivindicamos q nn nos asasinen señores do @ppdegalicia. Politizades con pasividade", é evidente que no mesmo hai unha grave eiva comunicativa no tocante á carencia de signos de puntuación nun lugar certamente sensible para poder dicir o que ela quixo dicir, como é a ausencia da coma despois de "asasinen".

Pois ben, dito isto, eu son dos que penso que tamén por iso –ou sexa, por eivas así- un parlamentario -ou parlamentaria- debería dimitir, pois ven a ser o mesmo ca se un cirurxián non soubera utilizar o bisturí: Simplemente non estaría capacitado para exercer o seu traballo.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES