Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Paixón de interese turístico

martes, 03 de abril de 2007
Non hai moito tempo residiamos na Reserva de Occidente. España era exemplo de relixiosidade e bos costumes para unha Europa que avanzara cos tempos e miraba asombrada como este fisterra persistía en anclarse na tradición e manter a ultranza as estampas dos tempos antigos.

O que pervive daqueles tempos ven ser, adaptado ós tempos actuais, elemento característico que adecuadamente potenciado repercute moi favorablemente na veciña Europa, e a España e a Galicia acoden por milleiros cidadáns da Europa que seguen a comprobar que aínda que xa non sexamos Reserva seguimos a ser diferentes a todo o que ocorre por Europa adiante.

Estamos en plena Semana Santa, vacación para boa parte dos galegos, esforzo para os milleiros de cofrades que desfilan escoltando fermosísimos Pasos, e xestións de autoridades municipais procurando que a súa Semana Santa se declare De Interese Turístico polos beneficios que esa declaración reportará para as arcas privadas e municipais.

Contrasentido máximo: a festa da dor polo pasamento do Salvador, convertida en espectáculo turístico competitivo para obter beneficios colectivos de algo que hai moito tempo deixou de estar inspirado pola piedade, alomenos de xeito primordial.

Temos unha paixón galega, especialmente manifestada en lugares como Ferrol ou Viveiro, pero que asoma nun cento de cidades e vilas cada unha coa súa peculiaridade, coa súa fe pequena de santo da casa. Pois de todo eso podemos aproveitarnos todos, e aproveitarémonos... Deste xeito, a alma lucrarase dos beneficios espirituais, e o corpo – e as Administracións – dos temporais. Porque esta paixón non é ou non é somente paixón de dor, senón paixón de interese turístico.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania