Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rectificar é cousa de sabios

jueves, 09 de marzo de 2017
Moi a miúdo cometemos erros.
Moi a miúdo dicimos que non somos perfectos.
Moi a miúdo fallamos e moitas veces facémolo de xeito inconsciente.
Din que o ser humano é o único que ata tropeza dúas veces na mesma pedra.
Somos así.
O que o diga menos, engánase a si mesmo.

O que tamén é ben certo é o difícil que nos resulta o feito de recoñecer os nosos erros.
E aínda más difícil correxilos.
Non se trata de nada doado; pero é a única solución posible, se queremos comportarnos como é debido.

Poñamos algúns exemplos da vida cotiá:

-TODOS SABEMOS QUE A AUGA É UN BEN ESCASO.
Tan escaso que en moitas partes do mundo padecen de seca constante e a vida faise moi difícil.
Os afortunados que temos tanta auga como queremos e aínda máis…
Moitas veces facemos un uso razoable, pero outras:
¿Qué lle vou dicir que vostede non saiba?
Parece ser que a miúdo nos esquecemos de cando había que ir busca-la auga a fonte e bañarse nunha tina.
Esto pasou, e aínda vivimos moitos que podemos contalo.
Se facemos así os que nos criamos sen auga corrente nas casa…
¿Qué non fará a xente nova?
¿Qué teremos que facer para concienciármonos?
Necesitamos correxirnos.
O día que nos corrixamos, actuaremos sabiamente.

-TODOS SABEMOS QUE HAI MOITA XENTE MORRENDO DE FAME NO MUNDO, pero no primeiro mundo:
¿Canto desperdicamos?
Non hai máis que botar unha ollada ós contenedores das ciudades.
¡SE OS CONTEDORES FALARAN..!

Necesitamos reflexionar e correxirnos.
Se nos correxíramos, todo iría mellor.
Habería alimentos para todos e ninguén pasaría fame.


-TODOS SABEMOS QUE DEBEMOS RECICLAR PLÁSTICOS, LATAS, BRICS, CRISTAL, PAPEL….
-Aínda hai quen bota todo xunto.
¡Que xeito é ese!
¿Costa tanto separa-los desperdicios?
Necesitamos correxirnos.
Dese xeito, estaremos colaborando para que se recicle todo o que é reciclable antes de que se acaben os recursos.

-TODOS SABEMOS QUE A NATUREZA É A CASA DE TODOS E QUE DEBEMOS CONSERVALA PORQUE NON TEMOS OUTRA …
(Agora parece ser que os científicos descubriron outros planetas, pero…de momento toca vivir na terra)
E mentres tanto:
-Hai quen envelena a terra con pesticidas.
-Hai que planta árbores foráneas que consumen moita auga e co tempo poden chegar a desertizar o país …
-Hai quen disfruta poñendo lume ó monte.
-Hai quen tira plásticos, cristais, latas, papel, de todo en calquera sitio.
Debemos correxirnos.
Non vaia ser que a nosa soberbia nos leve a construír outra torre de Babel.
Lembremos como rematou a primeira.

SE OS NOSOS ANTEPASADOS NON ACTUARAN ECOLOXICAMENTE:
¿Teríamos os recursos que aínda temos?
Poderemos dicir que era moi doado porque aínda non chegara a industrialización.
Pero con todos os beneficios que nos proporcina a industria, estamos obrigados a conservar más que nunca a natureza se queremos conserva-la vida.

-TODOS SABEMOS QUE NON SE PODEN DEIXA-LAS DEPOSICIÓNS DAS MASCOTAS POLAS RÚAS DA CIDADES, NIN TIRAR DESPEDICIOS…
De feito admiramos a ciudades limpas.
Pero cando temos que ir con coidado de non pisar escrementos, ou chicles, ou papeis, ou…
¿Cal é o primeiro pensamento que se nos vén á cabeza?
Estas cousiñas pasan en pequena escala no día a día; pero se rectificáramos conseguiríamos moito aforro porque moitos poucos fan un moito.

¿CANDO CONSUMIREMOS RAZOABLEMENTE?
A min paréceme que teremos esmerarnos por educar para consumir.

“EDUCAR PARA CONSUMIR”
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas polo esmero que deixa posto en consumir razoablemente e por terme na súa consideración nesta ocasión.
¡Graciñas!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES