Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

23 F

martes, 07 de marzo de 2017
Hai datas ledas ou funestas, porque nelas se perpetraron feitos que marcaron a unha colectividade, ou a todo o mundo. Así, cando se fala do dous de maio, non fai falla mencionar que se trata dese día do 1808, cando –como decían os vellos libros de historia- “o pobo de Madrid se alzou contra os franceses”.

Se se fala do dezaoito de xullo, tampouco hai que aclarar que a mención refírese ao de 1936, cando unha parte do exército español se levantou contra o goberno da República dando comezo á tráxica guerra civil de case tres anos de duración, na que se produciu, se atendemos ao título dun libro de José María Gironella, un millón de mortos.

Se se fala do 11M é, claro, o de 2004, cando se producíu o máis tráxico atentado que Europa presenciou. E o 11 S, corresponde a 2001 cando o mundo se fixo diferente marcando un antes e un despois da caída das torres xemelgas de Nova Iorque.

E o 23F entrou una historia hai agora trinta e seis anos, porque ninguén que vivíu aquel momento pode borrar da súa memoria a data que puido ser tráxica para este país, e que hoxe ou non se lembra ou é unha pura referencia anecdótica.

Aquel día, os dirixentes de partidos ou sindicatos de esquerda, polo que puidera acontecer, procuraron pasar desapercibidos; os das provincias do sur de Galicia adoitaron en bo número a decisión de pasar a Portugal por se as cousas viñan mal dadas, e todos contivemos a respiración ata o momento en que o Rei aparece una pantalla da televisión calmando os ánimos e chamando á tranquilidade.

Na actualidade, case ninguén se acorda daquel 23F no que todo puido dar unha volta, iniciando un camiño a ningunha parte, porque a nosa memoria é selectiva e só lembramos o que nos interesa, e durante un tempo que estimamos prudencial.

Claro que esto tamén é un síntoma de liberdade. Porque hai que lembrar que o 18 de xulio, data oprobiosa, celebrámolo obrigados, de xeito triunfal, ano a ano, como mínimo ata 1975, data na que morreu o que resultou ser o seu principal impulsor. O 23F, como resultou en definitiva unha festa de liberdade, non o celebramos porque ninguén nos obriga a celebrala por decreto.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES