Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

COMBUSTIBLES ALTERNATIVOS: ENTRE SCILLA E CARIBDIS

lunes, 02 de abril de 2007
COMBUSTIBLES ALTERNATIVOS: ENTRE  SCILLA E CARIBDIS A tragédia não consiste em reduzir esses gastos de energia, mas sim na idéia de converter os alimentos em combustível.Fidel Castro,marzo2007.




Esto foi o argumento do último discurso de Fidel Castro con motivo da campaña de George Bush en favor dos biocombustibles para consumo dos coches.
O problema eterno de toda sociedade humana foi o busqueda e obtención de enerxia. A maior acesibilidade de esta na sociedade actual, fixo que se chegase a unha alta sofisticación da tecnoloxia que nos permite realizar unha fonda mudanza do mundo en que vivimos.Mudanza que foi acompañada dun grande impacto ambiental xeralizado.
Xa hai tempo que a humanidade que habita no mundo chamado desenvolvido, liberouse da pesada carga da “selección natural” porque conseguiu moldear este á sua variabilidade xenetica., mercé ao avanzo da ciencia e da tecnoloxia.

Pero a esixencia de enerxia continua a ser cada vez maior. Canto mais avanza a tecnoloxia maior é o consumo enerxético da sociedade. Canto maior é o nivel de vida, mais enerxia se consume. As fontes de enerxia baseadas nos combustibles fósiles, carbón e petroleo esgótanse e , alén diso ,a sua combustión a grande escala está encamiñando ao mundo a unha situación global de deterioro: os sistemas acuaticos , atmósfericos e terrestres comezan a non ser capaces de autorregularse nun tempo “humano”.
Precisamos de novas fontes de enerxia que se renoven, e que reduzan o deterioro ambiental á que nos levou a revolución industrial e postindustrial.
Unha revolución que non houbese tido lugar sen os transportes. O movimento crecente e imparable de persoas e de mercadorias é a característica mais salientable do noso modelo de civilización.

Novos combustibles:
Buscamos novos combustibles que poidan mover os nosos coches privados, os avions , os autobuses ou os convoios. Entre estes novos combustibles aparecen o bioetanol, ou o biodiesel como a aparente solución a este problema.
En principio son combustibles renovables, pois proceden de materiais biolóxicos : Os alcoholes da fermentación de productos vexetais ricos en amido, e os diesel procedentes de aceites de orixe vexetais ou animais , incluso de aceites xa utilizados en cociña ou outras actividades.
COMBUSTIBLES ALTERNATIVOS: ENTRE  SCILLA E CARIBDIS
A Taxa de Retorno Enerxético.
En Teixeiro hai unha fábrica de bioetanol, pertencente á firma Abengoa. A materia prima que utiliza é , fundamentalmente, gran de trigo ou millo procedente de EEUU, onde a política proteccionista garante a compra dos excedentes por parte do estado e xera grandes stocs. O gran chega ao porto da Coruña por barco desde Chicago onde está a bolsa de cereais . De ahi é levado en camions até Teixeiro(Curtis, Coruña).
Hoxe se coñece com toda precisión que unha tonelada de millo só pode producir 413 litros de etanol como média, conforme as densidades,
Cada tm de ese millo foi producida a custo dun gasto enerxético dos labores agrícolas ,pesticidas e de auga de rego ao que hai que sumar o custo de levalo até a fábrica, e despois desto o custo en transporte até o ponto de consumo.
Todo este gasto de enerxia necesario para producir un litro de combustible, chamámoslle Taxa de Retorno Energético. Seria o número total de calorias necesarias para producir unha caloria procedente do combustible.


Esto ten que ser tido en conta se queremos avaliar a rendibilidade enerxética dunha fonte de enerxia por mui renovable que nos pareza.
Procedencia da materia prima:
Outra cousa que temos que avaliar, é de donde vamos obter a materia prima para a produción de biodiesel e de bioetanol.
Visto que cada tm de gran produce , en media 413 litros de etanol, comprendemos que son necesarias muitas tm de gran ou remolacha ou outro material rico en amido, para que o suministro de etanol garanta as necesidades do mercado do transporte cada vez mais esixente.
Esto fai que o terreno necesario para a produción destes combustibles sexa mui grande. Ademais seria interesante , para garantir a produción en homoxeneidade e cantidade, que os vexetais complicados no proceso non fosen variados. É dicir estamos falando de monocultivos en grandes extensións.
E ainda, quen garante que non sexan cultivos xenéticamente modificados,mais rendibles, visto que non van ser vexetais para consumo humano?
Os biocombustibles:Ventaxas e inconvenientes:
O bioetanol pode producirse a partir de vexetais ricos en aceites, como a colza, o xirasol,ou , incluso a partir de algas. Tamén da recuperación de aceites usados.
A utilización de biodiesel nos vehículos a motor ten unha serie de ventaxas que non son de somenos importancia.
Citemos por ejemplo o relativo as emisións de gases:
• Monóxido de carbono (CO) :50% inferior ao do diesel.
• Dióxido de azufre (SO2) : non produce , por non levar xofre na sua composición.
• Material particulado: reducción dun 65%
• Productos orgánicos aromáticos (benceno e derivados):Non conten
Balance de dióxido de carbono (CO2) :O CO2 é totalmente absovido polos vexetais. Polo tanto pode ser considerado como un combustible renovable.
Sempre que non teñamos en conta o problema antes citado da Taxa de Retorno Enerxético, nen o problema da auga e dos monocultivos.
Na seguinte táboa indícanse os consumos aproximados para a producción de 1Tm de biodiesel:
ITEM CONSUMO
MATERIAS PRIMAS Y MATERIALES
Aceite vegetal refinado 1030 Kg.
Metanol 102 Kg.
Catalizador (metilato de sodio) 6,2 Kg.
Ácido mineral 6 kg
Glicerina bruta 112 Kg. (título: 85% min)
SERVICIOS
Agua enfriamiento 20 m3
Vapor de agua(a 4 bar) 350 Kg.
Energía eléctrica 50 Kwh.
Nitrógeno 3,2 N m3
Aire instrumentos 4,8 N m3
Que perigo representan os biocombustibles?
Os cultivos masivos para a producción de biocombustibles representan unha das maiores ameazas ás que nos enfrentamos neste século que comeza.
O consumo de auga non é algo de somenos importancia. Nun mundo en que a auga potable e disponible, é cada vez mais escasa podemos encontrarnos có paradoxo de , polo feito de estarmos na procura de combustibles renovables e respetosos có ambiente, vir condenar á fame a millons de persoas que dependen unha economia de subsistencia .
As esixencias enerxéticas do mundo desenvolvido poden mudar alimentos por combustibles, visto que a alimentación non é un problema do primeiro mundo. Mas no terceiro mundo, o das economias dependentes, o problema non é o enerxético , é comer todos os dias.
Se se extenden masivamente os cultivos de vexetais para combustible podemos provocar a tala masiva de árbores o que agravará o problema do cambio climático.
O rendimento promedio para plantas oleaxinosas é de 900 litros/Hª. O que os fai pouco práctico para paises de pequena superficie cultivable como España.Nos paises tropicais ou ecuatoriais hai muita mais superficie para que nela se establezan as multinacionais.
En Brasil xa se dedican 11´5 millons de hectáreas a estos cultivos, mas calcúlanse o duplo nos próximos años. En Malasia os cultivos de soia para biocombustibles foran os causantes del 87% da deforestación e , ainda hai 6 millons de hectáreas previstas para soia. En Sumatra e Borneo 4 millons de hectáreas de antiga xungla xa se convertiron en cultivos de palma e está previsto convertir 16 millones de hectáreas en toda Indonesia.
Que pode pasar na Galiza? Chegaremos a sustituir o monocultivo do eucalipto polo monocultivo de cereais, colza , xirasol, etc? Sob a presión das multinacionais , como nos aconteceu con ENCE e a empresa Norfor. Saltar da tixola para o lume?
Non é tan doado escapar ao problema das fontes de enerxia necesarias para manter o nivel de desenvolvimento que o mundo occidental ten alcanzado.
Por iso o noso barco do desenvolvimento móvese como aquel de Ulises. Ten que levar o leme dereito, porque o paso entre as rochas perigosas de Scilla e Caribdis non ten muita largura.
Notas:
Marco Legal de referencia na Unión Europea

Libro Blanco de las Energías Renovables (1997)
Libro Verde de Suministro Energético (2001)
Directivas sobre biocarburantes (2001)
Carburantes “bio” 5% (2005), 7% (2009) sobre el consumo total del sector
Marco estable para concesiones de exención fiscal
Propuesta de normativa reguladora del biocombustible (2003)
Libro Blanco de la UE, La política Europea del Transporte de cara al 2010: la hora de la verdad (2001)
UE: Directiva 2003/30 de biocarburantes y combustibles renovables en el transporte
UE: Política AGROENERGÉTICA: Próxima reforma de la PAC: “créditos carbono” = 45 €/Ha. SMG 1,5 Millones de hectáreas en la UE
Figueroa Panisse, Adela
Figueroa Panisse, Adela


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES